O Festival Internacional de Contadores de Historias Sete Falares inicia hoxe en Pontevedra unha nova edición. Apaga o candil, de Contraproducións, en coprodución co FIOT de Carballo, é a proposta encargada de inaugurar o programa, cunha función ás 20:30 horas no auditorio do Pazo da Cultura.
A programación de Sete Falares 2026 desenvolverase dende hoxe ata o vindeiro domingo, 14 de xuño, en diferentes espazos da cidade, e acollerá o traballo de narradoras e narradores procedentes de Galicia (como Celso Fernández Sanmartín, Ángeles Goás, Carlos Rebolo ou Cris de Caldas) e doutros contextos (Benita Prieto, do Brasil; Aldo Méndez, de Cuba; Valter Peres, de Portugal, dos Azores; ou Borrón y Cuento Nuevo, de Madrid), así como unha asemblea de NOGA (Asociación de Narración Oral Galega). O festival está organizado por Pavís Pavós e o Concello de Pontevedra, coa colaboración doutras entidades.
Podes consultar e descargar aquí o programa completo.
- Ana Abad de Larriva estrea ‘Nela estaba a forza do mar’ - 26/06/2026
- A MITCFC inaugura a súa 43ª edición - 24/06/2026
- O CDG contratará 35 intérpretes na súa nova temporada - 24/06/2026



