Comando Dramatúrxico | Escenas do Cambio
O Comando Dramatúrxico, dirixido por Afonso Becerra de Becerreá, observa, pensa e documenta o festival desde dentro. Un corpo expandido que acompaña os procesos artísticos, recolle a súa pegada e devolve reflexión en tempo real. A súa práctica combina a crítica e a escritura cun traballo de mediación viva entre artistas e públicos, facendo da observación un acto creativo.

