Amantia Coello
Creadora comprometida coa intervención sociocomunitaria a través das artes escénicas. Licenciada en Psicoloxía Social e M.U. en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario, integra pensamento crítico e xénero na súa práctica artística. Dende 2016 dirixe no eido social. Conta con publicacións de textos dramáticos e de investigación. Entre outros recoñecementos, gañou o Xuventude Crea 2015 e 2024 e participou no IX Torneo de Dramaturxia de Galicia. Actualmente estuda Dirección Escénica e Dramaturxia na ESADG.




