in

Escena Galega abre o prazo de inscrición para a fase piloto de PALCOESCOLA

Trátase dun novo circuíto galego de artes escénicas no ámbito escolar

teatropano |

A nova iniciativa que busca achegar as artes escénicas á comunidade educativa e favorecer o acceso do alumnado a propostas profesionais de teatro, danza, circo e outras disciplinas, PALCOESCOLA, impulsada por Escena Galega, vén de abrir o prazo de inscrición de espectáculos para a súa fase piloto.

As compañías interesadas en formar parte deste novo circuíto galego de artes Escénicas no ambito escolar poderán presentar os seus espectáculos dende hoxe, luns 16 de novembro, ata o domingo 22 de novembro, ás 23.59 horas, exclusivamente a través do formulario de inscrición dispoñible na páxina web de Escena Galega. Non se admitirán propostas fóra deste prazo nin por outras vías.

O proxecto de Escena Galega está concibido para “conectar as artes escénicas co público escolar, non só a través da programación de espectáculos, senón tamén mediante recursos e accións que favorezan a relación entre as creacións artísticas e o alumnado”. Esta primeira fase piloto desenvolverase durante os meses de marzo e abril de 2027 e ten previsto chegar a oito localidades das catro provincias galegas. Neste momento, conta xa co apoio de cinco Concellos: Vimianzo e Outes, na Coruña; Vilalba e Viveiro, en Lugo; e O Barco de Valdeorras, en Ourense. A experiencia servirá de paso previo á posta en marcha dunha primeira edición do circuíto no curso escolar 2027-2028.

A convocatoria está aberta a propostas para espazo escénico —non se admiten espectáculos de rúa— de todas as disciplinas, formatos e estéticas, dirixidas a calquera dos ciclos educativos, desde Infantil ata Bacharelato.

Poderán presentarse tamén montaxes aínda non estreadas, sempre que se achegue un vídeo completo da proposta. Ademais, será obrigatorio presentar unha unidade didáctica vinculada ao espectáculo.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Chechu Riquelme Na outra banda

Chechu Riquelme estreou ‘Na outra banda’ en Cangas