Escena Galega manifesta a súa preocupación polas medidas restritivas que afectan ás artes escénicas

Escena Galega, a principal asociación galega de empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa “a súa fonda preocupación e estrañeza” polas medidas, “absolutamente restritivas”, que se están a implementar para o sector das artes escénicas na actual situación socio-sanitaria derivada da Covid-19.   A asociación cre que, nas circunstancias […]

Camiño Escena Norte organiza un encontro profesional das artes escénicas en Lugo

Forma parte da segunda edición de Camiño Escena Norte, un programa de espectáculos en diferentes localidades deste itinerario no País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia.   A segunda edición de Camiño Escena Norte achégase. Desde hoxe xa é posible inscribirse no encontro profesional Habitación Peregrina PRO, que terá lugar no Centro Cultural Vello Cárcere de […]

Inícianse as accións formativas do Plan de reactivación do sector cultural

As actividades, presenciais e en liña, desenvolveranse durante este segundo semestre, cunha especial atención á adaptación das empresas, escénicas, audiovisuais, musicais e de servizos á situación provocada pola covid-19   A Xunta de Galicia anunciou onte un investimento 88.000 euros nunha trintena de iniciativas de formación continua e capacitación profesional no marco do seu Plan de reactivación […]

As artes escénicas e musicais propoñen medidas para a reapertura das actividades culturais

As principais entidades do sector das artes escénicas e a música de todo o Estado –entre as que se encontra Escena Galega– veñen de asinar un manifesto conxunto para solicitarlles ás administracións públicas unha interlocución urxente cos representantes do sector para planificar as medidas necesarias para a reapertura das actividades culturais de concorrencia pública en […]

A Xunta anuncia o deseño dun paquete de medidas culturais para minorar os efectos da pandemia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantivo unha videoconferencia con representantes do sector escénico galego para analizar a situación derivada do COVID-19 e avanzar nas accións específicas que a Xunta de Galicia está a deseñar para minimizar os efectos da crise sanitaria neste colectivo.   Seguindo a dinámica de anteriores encontros sectoriais, nos […]

Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega: “O Xacobeo debe fortalecer as nosas redes e programacións”

Juan Rodríguez, da compañía Caramuxo Teatro, está tendo unha complicada estrea como presidente de Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas. Elixido o 5 de febreiro, tardou menos de un mes en ter que enfrontar os graves problemas derivados da pandemia do Covid-19 e a paralización que supuxo para o sector. Rodríguez […]

Presentan 52 medidas extraordinarias para as artes escénicas e musicais

As asociacións galegas están presentes a través das federacións estatais Conarte, FAETEDA ou UNIMA, entre outras.   Máis de trinta asociacións profesionais das artes escénicas e musicais do estado, coordinadas pola Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de titularidad pública lanzan un documento conxunto de medidas extraordinarias para afrontar a crise provocada pola […]

As asociacións profesionais demandan medidas específicas para a cultura

Un total de dezasete asociacións profesionais traballan de xeito colaborativo na elaboración dunha proposta na que se demandan distintas medidas específicas dirixidas ao sector cultural polas consecuencias do COVID- 19.   A iniciativa da creación desta mesa xurdiu desde a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) a partir do seu comunicado onde manifestaban […]

Escena Galega elabora unha enquisa para medir o impacto económico do Covid-19 nas artes escénicas

Escena Galega, en colaboración con FAETEDA e outras asociacións do Estado, vén de elaborar unha enquisa sobre o impacto económico das medidas de prevención contra o Covid-19 no sector das empresas de artes escénicas.   Dirixida a compañías asociadas e non asociadas, e en colaboración coa Federación Estatal de Empresas de Teatro y Danza (FAETEDA) […]

Escena Galega cambia de dirección e nomea Socias de Honra a Teatro do Atlántico, Teatro do Morcego e Teatro do Noroeste

A Xunta directiva da Asociación sectorial decide por vez primeira facer un recoñecemento ás tres históricas compañías polo seu labor no eido das artes escénicas do paí.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas das Artes Escénicas, celebrou, na tarde de onte, a  súa primeira Asemblea Xeral do ano, na que se renovou a […]

As Xornadas Profesionais de Escena Galega abren hoxe a Culturgal

As xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao.   Culturgal comeza, a partir das 10:00, coas Xornadas Profesionais Escena Galega, que este ano se desenvolve baixo o lema Teatros nacionais, centros dramáticos e unidades de produción públicas: […]

Escena Galega organiza as Xornadas Profesionais sobre Artes Escénicas no Culturgal

Este ano, as xornadas reflexionarán sobre os distintos modelos de unidades de produción públicas con representantes do Teatre Nacional de Catalunya, o Centro Andaluz de Teatro ou o Teatro Arriaga Antzokia de Bilbao, entre outros.   Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, organiza no marco do Culturgal as xornadas profesionais que levan por título […]

Camiño Escena Norte remata a súa primeira edición cun público de 5.000 persoas

A primeira edición do proxecto Camiño Escena Norte rematou o pasado domingo en Galicia, logo de oito funcións en Galicia, ademais de debates, obradoiros, unha residencia artística e un encontro de dramaturgos.   O proxecto Camiño Escena Norte rematou o pasado domingo 13 de outubro en Santiago de Compostela logo de 28 funcións (ademais de […]