in

Galicia Escena Pro abre o prazo de inscrición para asistir á súa 12ª edición

Celebrarase entre o 2 e o 5 de xuño e contará con 30 propostas galegas

Un deus salvaxe Talía Teatro
'Un deus salvaxe', de Talía Teatro, será un dos espectáculos con máis funcións dentro da nova programación da Rede. Foto da compañía.

A 12ª edición do mercado Galicia Escena PRO, organizado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Escena Galega, que terá lugar en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025, vén de abrir o prazo de inscrición para profesionais do sector das artes escénicas que desexen asistir a ela. Poderán rexistrarse solicitudes ata o vindeiro 7 de maio, ás 15.00 horas. 

A convocatoria está dirixida a responsables de programación, en activo, de espazos escénicos públicos e privados; responsables de festivais e feiras de artes escénicas; empresas distribuidoras; compañías; e medios de comunicación relacionados coas artes escénicas.

As condicións para a inscrición son as seguintes:

  • Acreditarase unha persoa por entidade.
  • No caso das persoas responsables de programación, feiras e festivais de artes escénicas, a organización garante unha acreditación con dereito a unha entrada para cada espectáculo e aloxamento en cuarto compartido durante os catro días de feira.
  • No caso das empresas distribuidoras e compañías, garántese unha acreditación con dereito a unha entrada por cada espectáculo e a posibilidade de participar nos encontros profesionais.

A feira

Galicia Escena PRO é a feira de artes escénicas promovida desde a Axencia Galega das Industrias Culturais e organizada en colaboración coa asociación profesional Escena Galega, que reúne axentes do sector co obxectivo de estimular a contratación dos espectáculos de produción galega e impulsar a súa proxección social dentro e fóra da Comunidade.

Os espectáculos galegos seleccionados

As 30 propostas galegas seleccionadas para a súa presentación, como espectáculos completos ou en formato pitching, nesta 12ª edición do mercado profesional de artes escénicas Galicia Escena PRO  son as seguintes:

Formato completo

  • Anfibia, La Guajira
  • As gardiás ou o nó do tecelán, Teatro de Ningures
  • Aurora Boreal, Paula Quintas Cía.
  • Bulebule, Os Náufragos Teatro
  • Cicatriz, Kirenia Danza
  • Compaña, Xampatito Pato
  • María Visitación Consolación Amadora, Loia Producións
  • Maruxiña, Aurora Artes Escénicas
  • O proceso, Malasombra
  • Os contos do Lobicán, Redrum Teatro
  • Reconversión, Ibuprofeno Teatro
  • Rogelio III. La fête, AsSircópatas
  • Transeúnte, Daniel Rodríguez
  • Trïade, Colectivo Glovo
  • Tromsø, Morraoconto
  • Ubasute, Berrobambán
  • Un deus salvaxe, Talía Teatro
  • Vitória, Iria Pinheiro
'Transeúnte' de Daniel Rodríguez. Foto de José Jordán. Eva Mañez.
‘Transeúnte’ de Daniel Rodríguez. Foto José Jordán. Eva Mañez.

Formato pitching

  • A derradeira leición do mestre, Grupo Chévere
  • A metamorfose, Sarabela Teatro
  • Galerock´n magic, Mago Teto
  • Manual de patronaxe, Teatro do Noroeste
  • Monte, Laboratorio Escénico
  • Ninguén tira fotos nos enterros, Carlota e Compañía
  • O arcón de Noa, Amarelo Cía.
  • O espírito de Vania, Machi Salgado
  • Oh, mammi blue!, Cinema Sticado
  • Os senteito, Caramuxo Teatro
  • Todas temos a mesma historia, LaGriot’te
  • Xoguetes rotos, Barrosanta e ButacaZero

Consulta aquí o programa e o calendario completo da 12ª edición de Galicia Escena Pro.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'WTF!' de Ay, Cariño! no Festival Teatro Gorrilla X Síntese Vigo. Foto: Afonso Becerra.

A PAM fai un convite para celebrar o Día Internacional da Danza

Profetas Ítaca Teatro CDG

O CDG e Ítaca Teatro estrearon ‘Profetas’ en Lugo