A Asociación de Profesionais das Artes do Movemento de Galicia (PAM) está a facer un convite aberto a cidadanía, profesionais e público en xeral para conmemorar o Día Internacional da Danza. Será o vindeiro domingo, 27 de abril, en Santiago de Compostela, e estará enfocado como “unha xornada na que atoparnos e bailar xuntas, dando vida a un corpo colectivo co que festexar, visibilizar e reivindicar a potencia transformadora da danza e o movemento, un ben universal tan necesario nestes tempos”.
A xornada comezará ás 12.00 horas na Praza de Cervantes, cun percorrido polas rúas, unha manifestación danzada na que habitar o espazo público bailando ata chegar ao Espacio X do CGAC. Ás 12:30 horas farase a lectura do manifesto e posteriormente compartirase un espazo de música e baile da man da sesión musical de MeriWlson.

- OS Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo - 05/06/2026
- O CDG e Redrum Teatro estrean ‘A furia da amanita’ - 05/06/2026
- Polamiúda celebra en Chantada o festival Polas Bravas - 05/06/2026



