in

Laboratorio Escénico estrea ‘MIÑA CASIÑA, MEU LAR’

No Fórum Metropolitano da Coruña, o 20 e 21 de novembro

Miña casiña, meu lar
'MIÑA CASIÑA, MEU LAR', de Laboratorio Escénico. Foto de Jacqueline Reimúndez.

A nova creación escénica da compañía Laboratorio Escénico, MIÑA CASIÑA, MEU LAR, estrearase no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña con dúas funcións: unha o venres 20 e outra o sábado 21 de novembro, ambas ás 20:30 horas.

A peza obtivo o Premio Fondo de Proxectos Singulares para a Mellora Social, da Deputación da Coruña e as entradas xa se poden adquirir en liña. 

Sinopse

“MIÑA CASIÑA, MEU LAR é unha creación escénica que expón a situación que experimentan os barrios ante a falta de vivenda e o seu encarecemento, e o impacto psicolóxico, cultural e social que orixina”.

Ficha artística

Dirección: Carmen Cotelo

Interpretación: Manuela Varela, Uxía Algarra, Juan Carlos Hernández, Xose Manuel Esperante e Carmen Cotelo.

Creación de espazo sonoro: Iván Doval

Asesoramento de movemento: Alba Fernández

Escenografía: Carmen Soriano e Ana Lee

Deseño de Iluminación: Afonso Castro

Ilustración: Alicia López

Produción e distribución: Laboratorio Escénico S. Coop. Galega

 

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Entrega premio V Certame Manuel María de Textos Teatrais r

Ancoraxe e Morraoconto gañan o V Certame Manuel María de Proxectos Teatrais