Entelequias Abismo Caracol

Abismo Caracol estrea ‘Entelequias’ na Coruña

Entelequias, peza teatral escrita por Darío Autrán para a súa compañía Abismo Caracol, subirá o pano do Fórum Metropolitano da Coruña este xoves 18 de marzo. En escena, xunto ao propio Autrán, están as actrices Nerea Brey e Sabela Hermida, baixo a dirección de Xosé Leis. Esta proposta presenta unha estética elegante que leva o texto de Autrán a lugares afastados da realidade. A montaxe xoga con varios planos escénicos nos que a iluminación ten un papel fundamental na procura dun realismo sucio. 

Teatro e música volven ao ciclo Sen Numerar do Fórum da Coruña

Sen numerar é a programación escénica do Fórum Metropolitano da Coruña que permite vivir as propostas escénicas do xeito más próximo, grandes traballos en pequeno formato cos que gozar de excelentes propostas teatrais e musicais nun ambiente case íntimo. Este ciclo permite facer tamén unha oferta en horario lectivo para estudantes de secundaria e bacharelato. O […]