A programación da décimo novena edición do Primavera enDanza presentouse onte nunha rolda de prensa telemática na que participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o director da AGADIC, Jacobo Sutil, e membros das compañías galegas que encherán o Pazo da Cultura cos seus espectáculos.
Etiqueta: Agadic
Galicia Escena PRO 2021 abre o prazo de presentación de propostas artísticas
O mercado abriu hoxe, e ata o vindeiro 20 de abril ás 15.00 h., o prazo de presentación de propostas cara á configuración do seu programa de exhibición que, como en edicións anteriores, incluirá tanto espectáculos en formato completo como os proxectos que as compañías avanzarán nas sesións de pitching. O rexistro debe realizarse a través dos formularios en liña da web www.galiciaescenapro.gal.
A AGADIC lanza as axudas á creación 2021 e impulsa unha bolsa de dramaturxia co CDG
Esta semana, coincidindo cos actos de celebración do Día Mundial do Teatro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta, e os seus órganos depentes, AGADIC e Centro Dramático Galego (CDG), abriu o prazo para que as compañías de artes escénicas soliciten as axudas á creación deste ano, así como unha convocatoria para a recepción de proxectos de escrita dramática coa fin de desenvolver unha dramaturxia que será coproducida polo teatro público.
Kirenia Danza inaugura o programa de Residencias Escénicas do Courel
Esta presentación aberta é o resultado da residencia coreográfica previa destes artistas durante o pasado Nadal i é a primeira dunha serie de catro mostras que traerán ás montañas luguesas aos mellores artistas escénicos de Galicia. Dita presentación quedou aprazada no seu momento polas restricións da pandemia.
Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza
Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.
ArtesaCía estrea ‘Illas Desertas’ en Tui
llas Desertas, de ArtesaCía, pretende habitar, abrir, reencontrarse con eses terrirorios ignotos que nos habitan interiormente e que buscan saír fóra, cando nace dentro de nós esa sensación de baleiro que o material non pode encher. Illas Desertas válese das experiencias e reflexións de dous dos grandes fracasos da historia: a fallida volta ao mundo polo ecuador da aviadora Amelia Earhart, e a expedición antártica do explorador Ernest Shackleton.
Pistacatro estrea DROP, unha metáfora da vida con malabares
Pistacatro, compañía de novo circo galega, presenta DROP como un espectáculo non só de malabares senón de malabaristas, de persoas que desenvolven unha cualidade especial para manter obxectos flotando no ar.
Larraitz estrea ‘Fábulas da montaña’ en directo e streaming
En Fábulas da montaña, escrita e dirixida por Inacio Vilariño e protagonizada por Larraitz Urruzola, Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Cantabria trala morte do seu pai. Alí, na convivencia cos animais da casa, e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro Fábulas en verso originales; historias onde destaca a súa loita polos dereitos das mulleres, das clases desfavorecidas e a defensa da educación como medio para acadar a igualdade.
ButacaZero leva o confinamento a escena en ’32m²’
A través de elementos cómicos e tráxicos, 32m², o novo espectáculo de ButacaZero, pon o foco sobre a convivencia da sociedade coa precariedade e as desigualdades na súa vida cotiá a través da mirada de Mar e Xan (Nuria Gullón e Xurxo Cortázar) unha parella que se considera “antisistema” e que habita con tranquilidade nun pequeno piso dunha superficie de 32 metros cadrados ata que, de súpeto, un día confinan a toda a poboación. Cuestións como a soidade, o abandono, as complexidades das relacións interpersoais ou o estrés e o os ritmos frenéticos impostos na “vella normalidade” serán algúns dos temas que se visualizarán nesta peza.
trasPediante estrea ‘Nina Ninette’ en Santiago
Este conto iniciático, inspirado no Ballet Triádico que Oskar Schlemmer presentou na Bauhaus en 1921, fala sobre a beleza a rebeldía. María Torres, da compañía Elefante Elegante, forma xunto a Marta Alonso Tejada e Paula Quintas, de trasPediante, son as creadoras de Nina Ninette nos apartados de escrita, dirección e coreografía.
Antón Reixa, Santiago Cortegoso e Raúl Dans, finalistas dos premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas do Libro Galego 2021 repasan a actividade dun exercicio, o 2020, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro. Estes premios e os seus case corenta títulos finalistas demostran que, a pesar das dificultades, o mundos dos libros non só non se detivo, senón que está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos.
Excéntricas estrea ‘Estrela do día’ na Coruña
Estrela do día é unha experiencia para que o público recupere a fe no teatro, o único lugar onde o milagre aínda é posíbel. Con dirección de Marcos PTT Carballido, dramaturxia de Quico Cadaval, e as interpretacións de Evaristo Calvo, Rocío González, Víctor Mosqueira e Patricia Vázquez, o novo espectáculo de Excéntricas preséntase o sábado 27 de febreiro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.
O Colectivo RPM convoca unha nova edición das Residencias Paraíso
As Residencias Paraíso, convocadas polo Colectivo RPM, pretenden fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, tanto a que xa existe como a que está por chegar. Normalizar o concepto de residencia artística resulta fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia, significa atender e respectar o espazo e o tempo adicado á investigación artística, o verdadeiro xerme de todo o que virá.
Reabren os teatros en Galicia (menos o Auditorio de Ourense)
Quen protexe ás minorías se os poderes públicos non o fan? Que acontece se un xestor público decide aplicar criterios de xestión que non atenden aos deberes, responsabilidades e garantías da xestión pública da cultura para a diversidade social?
Aberta a convocatoria para as novas coproducións do Centro Coreográfico Galego
Con este procedemento preténdese impulsar proxectos innovadores no eido de danza artística e impulsar a creación de espectadores para a danza, buscando a excelencia nos produtos culturais galegos.
O CDG presenta o programa de creación ‘Residencias cruzadas’
Nun momento no que as exhibicións están suspendidas por mor das restricións derivadas da pandemia COVID-19, o Centro Dramático Galego pón á disposición das compaías e creadoras/es galegas/os, un espazo para o encontro, a reflexión e a investigación no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Salvador Forján: “Eu sei moito de teatro, os actores e directores tamén, pero non permito que ninguén asoballe a ningún compañeiro nin a min”
Oficios do Teatro é a nova sección audiovisual da erregueté | Revista Galega de Teatro coa que queremos salientar o traballo das e dos profesionais da escena galega. Fran Peleteiro, o seu coordinador, recupera esta entrevista inédita de 2017 realizada a Salvador Forján, encargado de maquinaria escénica da AGADIC e técnico residente no Salón Teatro do CDG.
Kirenia Danza desenvolve unha residencia artística en Suecia
Nestes tempos, as residencias artísticas convertéronse para para as creadores e creadores en espazos-refuxio contra a violencia e a precariedade do sistema artístico. Sabela Mendoza recolle neste artigo a experiencia da bailarina Kirenia Martínez en Malmö (Suecia).
O charco de Ulises
O Charco de Ulises inicia un novo capítulo na historia do Centro Dramático Galego con Fran Núñez como director. Despois da seca laboral que vivimos no esquecible 2020, este 2021 iníciase coa esperanza de recuperar, aos poucos e non sen certo temor, a “vella normalidade” no noso sector. O novo director do CDG parece apostar firmemente por producións ambiciosas que integren ás/aos traballadoras/es da escena galega, tanto aquelas/es máis consolidadas/os coma as novas voces.
O CDG estrea ‘O charco de Ulises’, primeira produción do 2021
O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 14 de xaneiro ás 20.00h a súa primeira produción propia da actual temporada, O charco de Ulises, un espectáculo de gran formato dirixido por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, que marca o inicio dunha nova etapa na compañía teatral pública a través dun modelo de traballo con cambios substanciais nas dinámicas de produción e distribución.
Aprobada a guía de recomendacións fronte á COVID-19 no sector escénico galego
As medidas e recomendacións xerais desta guía deberán servir para orientar a redacción dos plans específicos de calquera empresa produtora que realice unha actividade escénica, e tamén para os que deban elaborarse para a produción, ensaio e exhibición dun espectáculo concreto.
Colectivo Vacaburra, Javier Martín e Kirenia Danza, próximas coproducións do CCG
Festina Lente de Colectivo Vacaburra, Umbral de Javier Martín e Tres Tristes 2.0 de Kirenia Danza serán as próximas coproducións de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada pola AGADIC na súa páxina web, a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
Incendiaria impartirá un obradoiro de creación escénica en Cangas
O espectáculo Microspectivas dun marica millennial será o punto de partida desde o que a compañía Incendiaria desenvolverá en Cangas o curso de creación escénica ‘A creación do anticorpo’ os días 18 e 19 de decembro. Esta coprodución do Centro Dramático Galego, estreada precisamente no Auditorio Municipal da vila do Morrazo, é unha reflexión sobre a infancia e a creación desde a perspectiva dun artista LGTBIQA+. O proxecto xestouse no marco das III Residencias Paraíso que cada ano convoca o Colectivo RPM.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
Artes escénicas no Culturgal
O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura.