in , , ,

A Casa Colorida

A defunción dos sexos, unha viaxe a

Edmond de Bries, transformista que actuou en Galiza en 1921, 1923 e 1934.
Edmond de Bries, transformista que actuou en Galiza en 1921, 1923 e 1934.

Achégase o verán e con el a ledicia das praias, pozas, ríos e piscinas. Os días longos e o tempo que se expande. Chega o tempo, tamén, da lectura. De desempoar os libros mercados en abril que esperan ser lidos, ou dos novos descubrimentos e recomendacións. Para este verán, eu propoño unha viaxe á memoria da disidencia sexual e de xénero da Galiza dos últimos 150 anos.

Falo do libro A defunción dos sexos, Disidentes sexuais na Galiza contemporánea de Daniela Ferrández Pérez, publicado por Edicións Xerais. E falo deste libro porque a disidencia sempre estivo ligada aos palcos e ás artes. Sorprenderíanos quizais saber que por Coruña, Ferrol, Lugo ou Ourense pasaron transformistas como Donini en 1906, Ernesto Foliers en 1908 e 1909, Leopoldo Fregoli en 1914 ou Edmond de Bries en 1921, 1923 e 1934.

Pero non só o transformismo profesional nas táboas tivo presenza a comezos do século XX, ademais do xurdimento de imitadores destes transformistas, non só individuos, senón tamén a partir de colectividades, como a Sociedade de Traballadores de Monforte ou da Asociación Pro Escuelas Unidas de Sarria, e tamén por nenos en funcións escolares ou no entroido.

O entroido foi un espazo de especial ambigüidade, en ocasións criticado pola prensa e regulado polos gobernos pois, a burla e a inversión dos roles de xénero estaban á orde do día. É máis, o entroido converteuse no momento do ano cando aquelas subversións da moral que normalmente estaban prohibidas, eran permitidas.


Publicidade

Ler A defunción dos sexos é un exercicio de memoria, de coñecemento e recoñecemento de historias individuais e colectivas, de liberdade e represión, do que conforma a identidade plural do colectivo LGTBIQ+ en Galiza. Porque a disidencia non só estaba presente nos núcleos de Madrid e Barcelona, senón que Galiza ten unha extensa historia queer que podemos descubrir neste libro.

Por exemplo, as aventuras de Teresita, a “Princesa de Borbón”, viaxando de Vilalba a Buenos Aires e Montevideo a finais do século XIX, as condenas a homosexuais firmadas polo xuíz Mariano Rajoy Sobredo (pai dun tal M. Rajoy) durante o franquismo ou a loita polos dereitos LGTBIQ+ trala caída da ditadura ata os nosos días.

Nestas datas non só celebramos a chegada do verán senón tamén a historia da disidencia sexual e de xénero en Galiza.

Juan Escalona

Juan Escalona

Juan Escalona Corral. Facilitador teatral con ampla traxectoria, comezou impartindo talleres teatrais en 2012 e en 2015 e a traballar como coordinador de proxectos europeos. En 2021 fundou a asociación FOCO onde actualmente traballa e comezou a estudar na ESADG. Está formado en facilitación teatral, educación non formal e diversas técnicas teatrais. Facilita obradoiros e colabora na creación de manuais pedagóxicos e forma parte da equipa do proxecto Novas Teatrais.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Cancións amarelas flores tristes Manekineko Teatro

Cancións amarelas, flores tristes

Imaxe: Summertime sadness

‘Summertime Sadness’ dirixido por Myriam González, seleccionado na Quinzena de Dança de Almada 2024