in

O 4º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais acepta propostas

Poderán presentarse ata o 30 de setembro deste ano

'Auto do Castromil', de Producións Teatrais Excéntricas. Imaxe: Rosiña Rojo para a MIT de Ribadavia.
'Auto do Castromil', de Producións Teatrais Excéntricas, en coprodución co CDG. Imaxe: Rosiña Rojo para a MIT de Ribadavia.

A Casa-Museo Manuel María, en colaboración con diferentes concellos galegos, Deputacións provinciais e a Axencia Galega das Industrias Culturais, a través do Centro Dramático Galego, vén de convocar a 4ª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

O Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, de periodicidade bienal, ten por obxecto premiar a mellor proposta escénica sobre textos de Manuel María que sexa presentada en tempo e forma segundo as bases da convocatoria. Poderán presentar proxectos a este certame persoas físicas ou xurídicas ligadas ás artes escénicas legalmente constituídas que acrediten a súa residencia en Galicia e que conten ou vaian contar con cobertura de produción para desenvolveren o proxecto.

Cada participante poderá presentar o número de proxectos que considere oportuno. Pola súa parte, os/as artistas tamén poden facer parte de máis dun dos proxectos presentados. Estes deben reunir os seguintes requisitos:

  • Referírense a un texto (ou varios combinados) da autoría de Manuel María. Para estes efectos, a Casa-Museo porá a disposición de quen desexe participar o conxunto da obra teatral de Manuel María en formato PDF e mesmo colaborará na localización doutros textos se o precisaren.
  • Seren completamente orixinais.
  • Teren unha duración mínima prevista de 45 minutos.
  • Non seren beneficiarios dunha axuda da Consellería de Cultura Educación, Formación Profesional e Universidades para o mesmo proxecto en concepto de axuda á produción

A data límite para a presentación dos proxectos ao certame será o día 30 de setembro de 2024. Durante o mes de outubro, a Comisión de Selección analizará os proxectos presentados e atenderá as distintas exposicións de 15 minutos de quen o solicite. Unha vez que a Comisión de Selección comunique o proxecto gañador, a compañía terá un máximo de dez meses para producilo e tamén estará en disposición de realizar a súa representación unha vez transcorrido tal tempo. A obra estará dispoñible para a súa representación cando menos durante un ano, a contar desde a súa estrea.


Publicidade

O premio

 A Fundación Manuel María achegaralle ao proxecto premiado a cantidade de 4000 euros para a produción do espectáculo. Ademais, cada unha das entidades colaboradoras do certame asumirán os seguintes compromisos:

  • Cada un dos concellos colaboradores deste certame programarán unha representación no seu ámbito territorial, mentres que as Deputacións programarán tres. O caché estabelecido para esas representacións será, como máximo, o que se tiver indicado no momento de presentar o proxecto ao certame, que en ningún caso superará os 2700 euros, máis os impostos que correspondan.
  • O Centro Dramático Galego coproducirá o proxecto premiado cunha achega máxima de 15 000 euros, impostos incluídos.
  • O desfrute destas axudas é compatible con calquera outra de carácter público ou privado, sempre que a súa convocatoria non o impida.

Consulta as bases completas do IV Certame Manuel María de Proxectos Teatrais

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A trenza dos feitos amargos

Arranca en Cangas a 12ª edición do CITEAMOR

ANÖA Elvi Balboa

Elvi Balboa estrea ‘ANÖA’ na Coruña