Ana Abad de Larriva
Subdirectora da erregueté | Revista Galega de Teatro. Artista multidisciplinar (actriz, cantautora, creadora escénica, dramaturga) e comunicadora; é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola ESAD de Galicia, licenciada en Xornalismo pola USC e doutora en Comunicación pola UVigo, cun posgrao en Protocolo, Comunicación e Imaxe Corporativa pola UDC. Ten tamén formación en canto, danza e piano. Ademais do seu proxecto artístico propio, desenvolve diferentes actividades de comunicación, investigación, difusión, mediación e docencia cultural.















