in

Anómico Teatro estrea ‘Heredarás el cosmos’ no Teatro Ensalle

Julio Fernández asina o texto e a creación escénica desta peza sobre o esgotamento dos recursos

Julio Fernández Heredarás el cosmos
Julio Fernández. Imaxe de 'Heredarás el cosmos'.

O Teatro Ensalle, en Vigo, acolle esta fin de semana a estrea de Heredarás el cosmos, de Anómico Teatro. O texto e a creación escénica da peza son autoría de Julio Fernández, nun traballo que, segundo el mesmo explica, “é unha análise da foto dese tempo que vai desde aquel día que o autor esperta ao mundo e cae na conta de que un tempo novo comezaba, cando aínda era un neno, ata esoutro día no que, cun gran incendio, no verán de 2022 na Serra da Culebra, se puxeron todos os espertadores en marcha, a pesar de que, finalmente, o seu son tampouco chegaría moi lonxe”.

Heredarás el cosmos afonda nese período de tempo, e nos cambios que nel se produciron; no paso “da inconsciencia ao inferno, desde ese afán por construír un mundo perfectamente ordenado (o cosmos dos recursos inesgotables ao servizo do progreso) ao sentimento de que estamos ao límite (de que xa non queda tempo). Un lapso no que o optimismo da creación continuada de produtos de consumo devén en medo a caer no precipicio do caos, a que cheguen os diaños para poñelo todo perdido de cinza, a que cheguen os diaños para subverter a xerarquía, a que cheguen os diaños para esixirnos unha débeda impagable e que non sabiamos nin sequera que tiñamos”.

Julio Fernández Heredarás el cosmos
Julio Fernández. Imaxe central de ‘Heredarás el cosmos’.

A obra recolle unha serie de textos narrativos e autobiográficos, diálogos, poemas, cancións, aforismos e breves ensaios sobre o esgotamento de recursos, “o estremecemento que corresponde á nova era de colapso, o esquecemento dese facer coas mans que caracterizaba unha época pre-industrial e que desapareceu coa frenética globalización do consumo ao instante”; ademais dunha serie de imaxes e accións que teñen o seu reflexo en escena nun labor artesanal e moi ligado ao artístico.

 

Sinopse

“Un día me planté en mitad de la calle y dije: ¿podríamos parar, por favor?
Lo dije en voz alta, como si al alzar la voz pudiera compartir mis palabras
con el grupo.
¿Pero qué grupo?
No había grupo, solo personas luchando por abrirse camino.
Cuando las ovejas pasan mucho tiempo dentro de un redil, comienzan a dar vueltas,
es como si perdieran la cabeza, dan vueltas todas a la vez, de manera ordenada, y en sentido
inverso a las agujas de un reloj, como tratando de regresar al lugar donde se perdieron.
Lo recuerdo como si fuera ahora mismo, y se me pone la carne de gallina.
Me planté en mitad de la calle y dije: ¿podríamos parar, por favor?
Y entonces el mundo a comenzó a dar vueltas, y vueltas,
sentí un vértigo espantoso,
aunque en aquel momento no lo sabía. Era mi primer vértigo en la vida
y lo que yo veía no era el mareo sino las casas moviéndose
las nubes girando alrededor de un punto.
El vértigo me venía por desear que parara el mundo
pero yo entonces no lo sabía. Era mi primer vértigo en la vida.

No sé exactamente cuándo comenzó realmente la explosión del capitalismo contemporáneo, ese que en poco tiempo ha logrado esquilmar prácticamente todo el planeta, sé que no hace tanto, y que todo lo que sucede a nivel global es fruto o consecuencia de la única ley que reina en el mundo y que no es otra que el crecimiento exponencial de la riqueza en manos de las élites. Miro las fotos de mi infancia y creo entenderlo.
En esa foto, al fondo, las eras estaban llenas de medas, esas montañas de centeno y trigo que todavía entonces eran el centro de un mundo rural que segaba a hoz y majaba a golpes. Justo en la mitad de la foto, a la derecha, unas mujeres lavando en el arroyo, un arroyo que ya no existe y que de existir tampoco llevaría agua. Y en mi mano derecha un bidón de combustible. Por entonces, ya había un camión en la comarca, un “pegaso” o un “barreiros”, no lo recuerdo bien, pero no había gasolineras, por lo que el combustible se almacenaba en bidones. Era el despertar de un mundo nuevo, un mundo de grandes oportunidades pero también de residuos y de agotamiento. El fotógrafo, un tío mío que había comprado una máquina de fotos con sus primeros ahorros, seguramente me dijo que pusiera la mano en el bidón porque ya a los niños entonces se nos nombraba futuros herederos de todo lo que estaba por hacer. Y yo obedecí, aunque llorando por dentro, porque ya desde niño me sentía desubicado, como si todo lo que sucedía y estaba a punto de suceder no fuera conmigo”.

 

Unha nai nunca abandona aos seus fillos.

É máis, a manda debe permanecer unida

pase o que pase,

aínda que se desate o peor dos desastres

e teñamos que saír fuxindo coas nosas crías na boca.

É unha loita contra o tempo,

o tempo corre empuxado polo vento,

salta de árbore en árbore coa présa metida nos zapatos negros de madeira

e asolaga a paisaxe

de lume.

Pero non é o lume o que nos mata

senón o fume

que se mete nos pulmóns

e paralízanos

paralízanos

o alento


Publicidade

e quéimanos por dentro.

A mediados de xuño as lobas crían e os cachorros son cachorros.

O tempo estalou co crepúsculo

e xa non hai maneira de parar as linguas de chamas que avanzan polo bosque

reclamando todo para si

devorándoo todo.

Todo é todo.

Un suave cheiro a desastre fíxonos estar alerta,

un forte cheiro a desastre díxonos: correde, correde, antes de que o tempo

vos alcance

e sexa tarde para a fuxida.

Coa boca empuxas ás túas crías para que se dean présa,

na túa boca non caben todas.

Que mal asunto

cando hai que correr á vez do vento

e non na súa contra.

(Poema que forma parte da peza Heredarás el cosmos).

Ficha artística

Texto e creación escénica: Julio Fernández
Música: Roberto García de Mesa
Canción en directo: Sandra Moya
Dirección técnica: Jaume Blau

Colaboración documental: Myriam López Domínguez
Voz en off: Carlos Sarrió
Intervención telefónica: Ángel Encinas
Grabación manada: Carmen Menager, Ester Bellver, Emilia Román, Mamen Toribio, Ángela Monleón, Esme Quiroga, Deborah Vukusic, Leticia Almazán, Rosa Encinas, Myriam López, Laura Aparicio, Elena Varela, Rosa Espinheira, Concha López, Ruth Gutiérrrez, Beatriz Bergamín, Eva Blanco, Begoña Crespo, Elena González e Luna Gómez

Coa colaboración de: Diario El Salto, TV France 24 e Diario de noticias RTS

Residencia artística: Teatro Ensalle

Produce: Anómico

Ana Abad de Larriva

Ana Abad de Larriva

Actriz, creadora escénica multidisciplinar e dramaturga; é titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Xestual, pola ESAD de Galicia, licenciada en Xornalismo pola USC e doutora en Comunicación pola UVigo. Desenvolve tamén diferentes actividades de investigación, difusión e mediación cultural; entre elas están levar a sección de artes escénicas no Diario Cultural Zeta da Radio Galega e a subdirección da Erregueté.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto: Afonso Becerra.

FITEI trauma e bravura

Fernández del Riego

Necesidade dun Teatro Galego