in ,

A MITEU Ourense abre a súa 31ª edición

A programación inaugurarase o xoves, 23 de abril, e desenvolverase ata o vindeiro 8 de maio

Foto da presentación da 31ª edición da MITEU OURENSE
Presentación da 31ª edición da MITEU Ourense. Fonte: MITEU Ourense.
A Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) de Ourense dará inicio este xoves, 23 de abril, á súa trixésimo primeira edición. A programación inclúe un total de vinte espectáculos e desenvolverase na cidade auriense ata o vindeiro 8 de maio.
A xornada de apertura contará cunha actuación da Aula de danzas do mundo no Liceo, a partir das 18.30 horas, e outra da Aula de Teatro do Campus de Ourense, do grupo Rosaura, na praza de San Martiño, a partir das 20.00 horas.
Serán un total de vinte os espectáculos que acollerá esta edición, que contará coa presenza de Palestina, Portugal ou Perú, ademais de grupos de Galicia e doutras comunidades autónomas do Estado español. Ademais das propostas de teatro, danza e música, a MITEU de Ourense inaugura un novo apartado na súa programación, titulado Elas contan, e inclúe tamén coloquios, promocións na rúa e puntos de encontro.

Premio para a Marcha Mundial das Mulleres Ourense

Ademais, a Mostra, que procura ser “un lugar para a esperanza, para sentir que outro mundo é posible”, entregará o premio da súa 31ª edición á Marcha Mundial das Mulleres Ourense, “pola súa implicación, o seu compromiso, o seu activismo, tan necesario en días como os que corren”.

Programación

Xoves 23 de abril

  • 18’30 No LICEO
    GRUPO: AULA DANZAS DO MUNDO. CAMPUS DE OURENSE DA UVIGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO:Mostra interactiva de danzas do mundo e mostra de danza palestina.
  • 20’00 NA RÚA
    GRUPO: GRUPO ROSAURA. AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE DA UVIGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Bocados

Venres 24 de abril

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: AULA DE TEATRO DA UDC. A CORUÑA (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Encrobas 77: a precuela

Sábado 25 de abril

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: TEATR’UBI. GRUPO DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DA BEIRA INTERIOR. COVILHÃ (PORTUGAL)
    ESPECTÁCULO:Desengano

Domingo 26 de abril

  • 20’30 NO LICEO
    GRUPO: COMPAÑÍA DE TEATRO DA USC. LUGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Do marabilloso mundo dos animais, os cordeiros

Luns 27 de abril

  • 20’00 no TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO:TEATRO DEL BARRIO (MADRID – PALESTINA)
    ESPECTÁCULO: Preso en la esperanza

Martes 28 de abril

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: COMPAÑÍAS DE DANZA DA UNIVERSIDADE DE: USC-LUGO, UDC-CORUÑA, UVIGO-OURENSE, A CASA VELLA (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: 15ª Xornadas de danza

Mércores 29 de abril

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: AULA DE TEATRO DA USC. SANTIAGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Irmás

Xoves 30 de abril

  • 21’00 NO LICEO
    GRUPO: MARTA DOVIRO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Madura ti!

Venres 1 de maio

  • 19’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: GRUPO DE TEATRO UPNA. PAMPLONA (NAFARROA)
    ESPECTÁCULO: Pequeños episodios de fascismo cotidiano
  • 21’00 NO LICEO
    GRUPO: ANAQUERONTE (PERÚ)
    ESPECTÁCULO: Los muchachos olvidados de Dios

Sábado 2 de maio

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: AULA DE ARTES ESCÉNICAS UNIVERSIDAD DE BURGOS (CASTILLA-LEÓN)
    ESPECTÁCULO: El hombre mojado no teme la lluvia
  • 23’00 NO CAFÉ AURIENSE
    GRUPO: IBERICAN ROOTS (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Concerto Iberican Roots

Domingo 3 de maio

  • 19’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: LA LIQUIDA (ANDALUCÍA)
    ESPECTÁCULO: Ellas de oro
  • 21’00 NO LICEO
    GRUPO: ANAQUERONTE (PERÚ)
    ESPECTÁCULO: La danza a la orilla del Bardo

Martes 5 de maio

  • 20’00 No TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE VIGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Macbett

Mércores 6 de maio

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPOS: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. CORDELIA (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Shoot

Xoves 7 de maio

  • 19’00 NO LICEO
    GRUPO: AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE PONTEVEDRA. UVIGO (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Tartufo
  • 21’00 NO LICEO
    GRUPO: PAULA CARBALLEIRA (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Camiños da terra

Venres 8 de maio

  • 20’00 NO TEATRO PRINCIPAL
    CLAUSURA DA XXXI MITEU e PREMIO DA MITEU
  • 20’15 NO TEATRO PRINCIPAL
    GRUPO:AULA DE TEATRO DO CAMPUS DE OURENSE. UVIGO. GRUPO MARICASTAÑA (GALICIA)
    ESPECTÁCULO: Insurrección

A Mostra

A MITEU de Ourense está dirixida por Fernando Dacosta, coordinada por Sabela Gago, e organizada pola Aula de Teatro Universitaria de Ourense, que dirixe Sarabela Teatro.

Redacción
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Foto: Antonio Durán Morris na montaxe da obra A leituga, de Eme2.

A MITCFC concede a Antonio Durán ‘Morris’ o Premio Xiria ao Labor Teatral 2026