Julia Sueiro
Xestora cultural especializada en danza contemporánea e inclusiva, con experiencia no deseño, planificación e coordinación de proxectos culturais. Traballou na produción executiva en compañías de danza e na xestión e acompañamento de equipos artísticos. Conta ademais con traxectoria no ámbito museístico, documentación, catalogación e educación non formal.


