Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan esta fin de semana ao Club Clavicémbalo con catro pezas novas. Logo dunha primeira xornada que se celebrou onte, hoxe, venres, e mañá, sábado, volverá a haber pases ás 20:30 e ás 22:30 horas.
O grupo, que cumpriu trece anos de existencia o pasado mes de maio, cada tres meses pon en escena novas pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan “historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual”.
As entradas pódense mercar a través da plataforma dixital Woutick e no propio despacho de billetes, antes de cada un dos pases.
Pezas
- Principescos. Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez, Raquel López Cendán e Elvira Velasco.
- Los A/Llegados – 1. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel e Brian Rodríguez.
- Los A/Llegados – 2. Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: Raquel López Cendán, Brais García, Elvira Velasco e Anxo Manoel.
- Lugoparque. Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Brais García e Anxo Manoel
- OS Microefectos Dramatúrxicos volven a Lugo - 05/06/2026
- O CDG e Redrum Teatro estrean ‘A furia da amanita’ - 05/06/2026
- Polamiúda celebra en Chantada o festival Polas Bravas - 05/06/2026


