Con este procedemento preténdese impulsar proxectos innovadores no eido de danza artística e impulsar a creación de espectadores para a danza, buscando a excelencia nos produtos culturais galegos.
Etiqueta: Centro Coreográfico Galego
Kirenia Danza desenvolve unha residencia artística en Suecia
Nestes tempos, as residencias artísticas convertéronse para para as creadores e creadores en espazos-refuxio contra a violencia e a precariedade do sistema artístico. Sabela Mendoza recolle neste artigo a experiencia da bailarina Kirenia Martínez en Malmö (Suecia).
Colectivo Vacaburra, Javier Martín e Kirenia Danza, próximas coproducións do CCG
Festina Lente de Colectivo Vacaburra, Umbral de Javier Martín e Tres Tristes 2.0 de Kirenia Danza serán as próximas coproducións de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada pola AGADIC na súa páxina web, a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
Esta revista non é miña
Queremos reforzar o espazo de pensamento, reflexión e difusión sobre algunhas modalidades escénicas minorizadas na nosa contorna, como é o caso da danza contemporánea e das artes circenses, os títeres e o teatro de figuras, tamén o do teatro contemporáneo fincado no amplo espectro das dramaturxias posdramáticas.
Profesionais da danza reclaman que se manteña o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego
Mostran a súa preocupación pola situación de incerteza na que continúa o Centro Coreográfico Galego e reclaman unha resposta da administración ante o esmorecemento dos programas de dinamización e promoción da danza e das artes do movemento.. A Plataforma de Afectados polo Centro Coreográfico Galego (PACCG), un colectivo que agrupa case 300 profesionais, da […]
Kirenia Martínez leva a emigración á danza
Este sábado, 22 de febreiro, estréase, na sede da SGAE en Compostela, Emigrantas, unha Coprodución da Cía. Kirenia Martínez Acosta e o Centro Coreográfico Galego. Emigrantas é unha peza de danza sobre a última diáspora galega con perspectiva de xénero. Dúas intérpretes en escena vivencian unha experiencia central na súa xeración: a emigración e o retorno da […]
Profesionais da danza denuncian a falta de compromiso de Agadic co Plan de Danza
A primeira reunión dos profesionais da danza coa Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), despois de que o conselleiro de Cultura e Turismo anunciase a posta en marcha dunha mesa de diálogo para implementar un Plan de Danza, comezou cun adiamento por, segundo os profesionais, “a discrecionalidade coa que a reunión foi convocada”. A Agadic aceptou revisar […]
O BNG pide no Parlamento a dimisión do director da Agadic
A deputada e portavoz de cultura do BNG, Olalla Rodil pediu onte ao Partido popular, a través dunha interpelación ao conselleiro de Cultura, “unha rectificación” para non seguir cunha política que “asfixia” aos sectores culturais. O conselleiro, Román Rodríguez, respondeu anunciando un plan da danza que resultará do traballo dunha mesa plural con representación de todos […]
O sector profesional da danza denuncia o abandono da administración
A Plataforma de Afectadas polo Centro Coreográfico Galego (PACCG), un colectivo que reúne a 158 profesionais da danza e das artes do movemento, vén de emitir un novo comunicado no que amosa a súa posición ante as recentes decisións tomadas pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) relativas á supresión da dirección do Centro Coreográfico […]
O BNG pide a dimisión do director de AGADIC tras a supresión da dirección do CCG
A voceira de Cultura no Parlamento, Olalla Rodil, denuncia o recorte do diñeiro destinado aos sectores culturais para “engordar a Axencia de Turismo e o Xacobeo”. A deputada e voceira de cultura do BNG, Olalla Rodil, reclamou hoxe, publicamente, a dimisión de Jacobo Sutil como director da AGADIC tras anunciar a supresión da figura […]
A Agadic recoñece que non haberá dirección para o Centro Coreográfico Galego
Este martes, durante a xornada organizada polo Consello da Cultura Galega sobre “O estado da danza en Galicia”, o director da Agadic, Jacobo Sutil, anunciou que a figura do director do Centro Coreográfico de Galicia (CCG) desaparecería no novo esquema organizativo da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), ante a indignación dunha gran parte dos […]
Mercedes Suárez deixa a dirección do Centro Coreógrafico Galego
O pasado mes de xuño, un grupo de profesionais galegos da danza fixo público un manifesto que denunciaba “múltiples irregularidades” e “mala xestión e falta de transparencia”, despois de que o CCG anunciase a estrea do espectáculo Maestro Rodrigo. | Foto: Manuel Lemos / Agadic | A coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica da Axencia Galega das […]
O CCG coproducirá os novos espectáculos de Artestudio, Marta Alonso e Kirenia Martínez
Os tres proxectos teñen como común denominador o protagonismo feminino, tanto nos equipos artísticos como nas temáticas, desde a creación contemporánea. A Consellería de Cultura e Turismo coproducirá os novos espectáculos de danza Medula de Artestudio, Bailar ahora de Marta Alonso e E-migrantas de Kirenia Martínez. Estes tres proxectos son os beneficiarios da convocatoria […]
O Centro Coreográfico Galego inicia os seus cursos de verán
O primeiro deles está a ser impartido por Carmen Paris, á que seguirán Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez como mestres de danza clásica, contemporánea, musical jazz e ‘tap dance’. O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de […]
O mundo da danza denuncia irregularidades na última montaxe do Centro Coreográfico Galego
O manifesto asinado pola práctica totalidade do mundo da danza galega pide explicacións sobre o feito de que a primeira bailarina do espectáculo Maestro Rodrigo sexa a filla da actual directora do Centro, Mercedes Suárez, e esixe que se convoque un novo concurso público para substituíla á fronte do CCG. | M. X. | A 24 […]
Convocado o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego
Cada unha das propostas elixidas contará cunha achega máxima de 18.000 euros por parte da Agadic, ademais de ter á súa disposición a sede do CCG na Coruña para o seu desenvolvemento. O prazo de solicitude está aberto ata o 27 de xuño. A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha […]
O Centro Coreográfico Galego estrea un espectaculo homenaxe a Joaquín Rodrigo
O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20:30, a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo, promovido pola Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), e do Concello da Coruña. A montaxe, que homenaxea o gran compositor español no […]
As catro estacións
Atonalidade dancística n’As catro estacións | Afonso Becerra de Becerreá | | Foto: Manuel Lemos | En plena xornada de reflexión, o día antes dos comicios electorais do 25S en Galiza, reflexionaba eu na butaca do Teatro García Barbón de Vigo (nome orixinal do coliseo vigués, agora renomeado Teatro Afundación), sobre como Galiza está […]