Unha fusión de danza e poesía que explora o desexo como motor vital, co debut na danza do veterano poeta e performer galego xunto á bailarina galegocubana.
Este venres 28 e o sábado 29 de marzo, ás 20.30 h, a Sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acollerá a estrea de CICATRIZ, un espectáculo de danza contemporánea que xorde da colaboración entre Kirenia Danza, Artestudio e o Centro Coreográfico Galego.
Esta peza, dirixida e coreografada por Kirenia M. Acosta, pon en escena o poema homónimo de Antón Reixa: 300 versos que comezan coa palabra “quero”, explorando o desexo e a súa influencia na dinámica vital das persoas.
Un aspecto salientable desta proposta é que se trata da primeira coprodución de danza inclusiva do Centro Coreográfico Galego, ademais de abordar a sensibilización fronte ao idadismo. A experiencia de Kirenia M. Acosta, bailarina e coreógrafa con máis de 25 anos de traxectoria internacional, únese ao debut na danza contemporánea do icónico e polifacético poeta Antón Reixa, quen, aos 67 anos e cunha discapacidade física do 65 %, se achega por primeira vez ao mundo da danza.

- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026



