Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC. Boletín Informativo nº 26

Outubro-novembro- decembro 2022

Rematamos con esta entrega a edición deste Boletín Informativo en 2022 presentando 6 títulos sobre teoría e técnica teatral, de ensaio e investigación e un bo feixe de textos dramáticos en lingua galega, portuguesa e castelá.

O noso é puro teatro!

Técnicas y teorías de la Dirección Escénica

de Sergio Jiménez y Edgar Ceballos

Colección Escenología. México, 1988.

Antologia de Teatro Galego Contemporâneo | Antoloxía de Teatro Galego Contemporáneo

de Volume colectivo

Cena Lusófona, 2022.

A crecente complexidade das linguaxes escénicas fixeron necesaria a figura da dirección escénica. A súa tarefa estará orientada a elaborar o conxunto de materiais literarios, visuais, sonoros e kinésicos para transformalos en imaxes teatrais.

A función da directora ou director de escena converteuse en decisiva para o desenvolvemento do teatro. En múltiples casos e latitudes os directores, como artistas, mestres, teóricos e promotores, renovaron as formas e os mecanismo da produción teatral e configuraron as novas metodoloxías do teatro contemporáneo.

A documentada investigación de Técnicas y teorías de la dirección escénica ofrece á persoa interesada polo tema, material considerable para formular os seus propios xuízos ou para servir de base a investigacións ulteriores, conducentes a un coñecemento profundo da máis denodada e fascinante labor artístico do século XX: a dirección teatral.

Velaquí o coñecemento e experiencia de Antoine, Appia, Barba, Barrault, Brecht, Brook, Clurman, Copeau, Craig, Danchenko, Dullin, Gemier, Grotowski, Jarry, Jouvet, Kantor, Kazan, Margules, Meiningen, Meyerhold, Pitoeff, Reinhard, Schechner, Stanislavski, Vajtangov e Vilar.

Cena Lusófona, Associaçâo Portuguesa para o Intercambio Teatral, editou recentemente esta Antoloxía do Teatro Galego Contemporáneo. Magna obra en dous volumes en galego e portugués.

No primeiro deles están as pezas de Un hotel de primeira sobre o río de Xohana Torres; O cabodano. Cerimonia de laios e salaios de Euloxio Ruibal; Días sen gloria de Roberto Vidal Bolaño; Cando chega Decembro de Manuel Lourenzo; As certezas de Ofelia de Luísa Villalta; Lugar de Raúl Dans e Footing de Gustavo Pernas Cora.

O segundo volume recolle as seguintes obras: As do peixe de Cándido Pazó; Xudite de Marcos Abalde Covelo; Voaxa e Carmín de Esther F.Carrodeguas; Nome Bonita de Vanesa Sotelo e Ás oito da tarde, cando morren as nais de Avelina Pérez.

No prólogo dos volumes titulado Historia dun futuro, Dolores Vilavedra, Profesora Titular de Literatura Galega da Universidade de Compostela, valora a importancia da obra como ponte entre as comunidades galego-portuguesas para que o teatro galego se poida coñecer na área da lusofonía propoñendo, ademais, unha ollada crítica sobre a obra de cadaquén.

Esta antoloxía contou tamén coa asesoría da directora Ánxeles Cuña Bóveda e a crítica teatral Inma López Silva.

As traducións estiveron a cargo de Sofía Lobo e Zé Paredes.

Finalmente a obra recolle unha notas biográficas sobre as autoras e autores dos textos, sobre quen a traduciu e sobre as asesoras.

António Augusto Barros e Pedro Rodrígues foron os responsables da edición pola banda de Cena Lusófona.

Alicerces teatrais en Galiza

Unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975)
de Francisco Oti Ríos

A Peste

de Albert Camus

Dirección e dramaturxia de Cándido Pazó. O Papel do Teatro. Colección do Centro Dramático Galego ( C.D.G .) Xunta de Galicia. Positivas.

Este volume recolle a actividade teatral en Galiza entre 1952 e 1975. Unha época difícil, marcada pola ditadura e a censura, na que o noso teatro renace devagar para coller forza ata ser o que hoxe é.

Este traballo serve para seguir investigando a nosa historiografía teatral e a relación desta con outros fenómenos teatrais como o movemento do Teatro Independente na Península Ibérica. O autor dá cumprida información da actividade teatral de xeito panorámico tendo en conta a todos os axentes que interveñen no seu proceso. Desde este punto de vista podemos atopar aquí datos de escrita, edición, lecturas, dirección, posta en escena, estreas, montaxes, artigos, revistas especializadas e outras actividades teatrais que nos axudan a ter unha visión máis extensa da actividade teatral aquí e tamén da presenza do Teatro Galego fóra.

Con estes datos podemos deducir a importancia e o rol que o teatro tivo na sociedade galega e no rescate e recuperación do idioma e cultura propios e como iso axudou a configurar o que demos en chamar “O Novo teatro Galego”.

Paco Oti (Cabanas. A Coruña 1954) é Titulado Superior en Dirección Escénica pola ESAD de Galicia e autor dunha ampla labor ensaística e dramatúrxica da que citamos Arquivos de Realidade escrita con Julio Fernández e publicada na erregueté nº 94 e Unha cuestión familiar, editada por Dramaturga/Invasoras en 2020.

A Peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga da peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha coarentena.

A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, en como se enfrontan á praga e lle buscan un sentido a súa situación; primeiro nunha loita egoísta pola supervivencia e despois, a través do esforzo colectivo e comunitario.

Ao longo dun ano, a peste progresa ata que a dan controlado e desaparece. O pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que tras o sacrificio e a perda de seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

Camus (1913-1960) nesta obra non falaba da enfermidade, falaba do ser humano, das persoas e da sociedade do seu tempo. Falaba dos valores en situación de crise, o egoísmo e a solidariedade. Falaba da sen razón ligada ao medo, dos pequenos actos heroicos, de como unha persoa pode transmutar noutra totalmente diferente en situacións de presión.

Cándido Pazó (1960) realiza na súa adaptación teatral un espléndido exercicio de tradución da narrativa ao teatro, xogando co difícil equilibrio entre a creación orixinal e a recreación escénica, para falar da nosa natureza.

A peste estreouse polo C.D.G. o xoves 20 de xaneiro de 2022 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

De Sófocles a Brecht

de José S. Lasso de la Vega

Planeta.

Juan Mayorga

Teatro 1989-2014
de Juan Mayorga

Ediciones La Uña Rota, 2014.

Este volume ábrese con tres estudos fundamentais para o entendemento da literatura grega clásica. Neles analízanse aspectos tan suxestivos como a significación que ten a dor na traxedia de Sófocles ( o home feliz e o tráxico máis profundo) o problema psicolóxico levado ao Hipólito de Eurípides e a estética nos diálogos de Platón.

O autor interesase tamén polas sucesivas “reencarnacións” dos motivos gregos abordando o estudo de dúas obras do teatro moderno: A Fedra de Unamuno e a Antígona de Brecht.

Péchase o libro cun ensaio sobre a obra do gran escritor Nikos Kazantsakis, subliñando a súa fonda e forte orixinalidade alimentada especialmente na Odisea, obra máxima na que o autor cretense expresou as súas profundas calidades.

No seu conxunto, de interna e apertada unidade, este volume confirma ao profesor Lasso de la Vega como o xa acreditado estudoso da filoloxía e o mundo helénicos. Calidade e rigor científico que se acrecentan por un estilo literario admirable e de forte personalidade que manifestan a gran sensibilidade do autor.

José S. Lasso de la Vega publicou, entre outros, os seguintes libros: Héroe griego y santo cristiano; Helenismo y literatura contemporánea; El descubrimiento del amor en Grecia e El mundo clásico en el pensamiento español contemporáneo.

Na presentación deste magnífico libro de Juan Mayorga o FTMC quere agradecerlle a súa dedicatoria que nos chegou por medio de Manuel Sesma, bo amigo e compañeiro, colaborador habitual en Primer Acto e tamén na erregueté.

Velaquí a súa dedicatoria: “A Manuel Sesma, con quien tanto comparto, con el deseo de que este libro nos acerque todavía más, para la Revista galega de Teatro y el Fondo Teatral María Casares de Cangas del Morrazo.

Segovia 15.11.14”.

Grazas!

E desde xa convidamos a ler no FTMC da Biblioteca Central de Cangas, os 20 textos deste gran dramaturgo contemporáneo. Están ordenados cronoloxicamente, e seleccionados polo autor, desde os máis antigos – hoxe moitos deles difíciles de atopar- atá os máis recentes.

Estes son os títulos:

1.Siete hombres buenos. 2 MásCeniza.3 El traductor de Blumrmberg.4 El jardín quemado.5 Angelus Novus. 6 Cartas de amor a Stalin. 7 El gordo y el flaco. 8 Himmelweg. 9 Animales nocturnos. 10 Últimas palabras de Copito de nieve. 11 Hamelin. 12 El chico de la última fila. 13 La tortuga de Darwin. 14 La paz perpetua. 15 La lengua en pedazos. 16 El crítico. 17 El cartógrafo. 18 Los yugoslavos. 19 El arte de la entrevista. 20 Reikiavik.

Mayorga entréganos un teatro crítico, a contra pelo, que nace da escoita e que nos fala con valentía do desexo, do amor, da fantasía, da familia, da dominación, da violencia, do poder…

Un teatro que chega ao fondo dos motivos e desexos duns personaxes que son ao mesmo tempo espazos interiores, formas morais, cos que Mayorga compón un complexo mosaico da realidade social, humana e política do noso tempo.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.