Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC. Boletín Informativo nº 27

Xaneiro – febreiro – marzo 2023

Comezamos este ano 2023 animando a visitar o FTMC na Biblioteca Pública de Cangas na Casa de Cultura. Seguro que alí, lectora ou lector,  se che gusta o teatro, atoparás algo que che interese.

Para abrir o apetito e visitar a biblioteca teatral  podes consultar antes os boletíns anteriores editados nesta web.

Nesta 27 entrega do Boletín ofrecemos: un fermoso conto en portugués e castelán de Moncho Rodríguez,  actor e director recentemente falecido; as actas do Congreso sobre Rafael Dieste; unha profunda investigación sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño e unha moi interesante crónica do teatro galego contemporáneo.

Portada libro

Beatriz e o peixe-palhaso/ Beatriz y el pez payaso

de Moncho Rodríguez

Editorial Novembro. Vilanova Nova de Famalicão, 2020. Edición bilingüe português -espanhol.

Portada libro actas

Actas do Congreso Rafael Dieste

Xunta de Galicia, 1995.

Este libro é un auténtico tesouro literario, unha fermosa peza teatral, atraente, moderna e singularmente poética. É un desafío entre o eu e o outro, entre a esfera do íntimo e o partillado.

Moncho Rodríguez preséntanos un texto que que percorre preguntas múltiplas sobre un tempo onde nos inventan, antes mesmo de comezarmos o noso propio invento.

Desde o comezo, o autor subliña as  fronteiras que se van erguendo naquilo que se espera de cada un, face a un contacto social xerador de creacións múltiples , tantas cantas as ambicións que moven mundos. É un texto sobre a creación do eu e ao mesmo tempo unha aventura sobre a creación do outro. Unha narrativa sobre os encontros e desencontros conforme as preguntas e os desafíos a que todos nos suxeitamos no contacto con ese asombroso  descoñecido que é o outro en nós.

Beatriz e o peixe-palhaso é unha fábula sobre a liberdade, a intolerancia, a falta de respecto ás diferencias e sobre a incomunicabilidade. Beatriz é un nena que se transforma a partir das súas fantasías cun peixe, preso nun acuario.

É un libro de esperanza e de confianza na condición humana que ha de vir. A condición humana que encontra no desapego e na entrega a razón maior da liberdade. Só se é libre cando se descoñece a pesadísima fronteira do ter para ir sen medo e sen submisións ao encontro dos infinitos horizontes do ser.

Moncho Rodríguez (1950-2023) actor, director e autor recentemente falecido en San Salvador de Baía, no Brasil, pode considerarse unha figura fundamental da historia do teatro galego contemporáneo pois foi un dos valedores da primeira sala teatral privada, a Sala Carral de Vigo xestionada pola compañía Artello de 1978 a 1980 e tamén participou coa  Sala Luís Seoane de A Coruña.

Ao longo da súa vida desenvolveu unha intensa e creativa traxectoria itinerante entre Portugal e Brasil.

Este volume recolle as actas do Congreso Rafael Dieste celebrado na Coruña os días 25, 26 e 27 de maio de 1995 organizado pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.

Nel participaron máis de vinte especialistas que aportaron información sobre aspectos biográficos, literarios e filosóficos de Dieste.

Subliñamos aquí as  catro achegas sobre a súa obra dramática.

Manuel Aznar Soler en Farsa y guiñol en el teatro de Rafael Dieste, sinala- entre outros moitos aspectos- que a súa  dramaturxia caracterízase sobre todo pola imaxinación plástica e a plasticidade idiomática con que o noso autor formula  e desenvolve a teatralidade do conflito dramático entre ilusión e realidade, tema recorrente na súa obra. Hai pois un vencello coa tradición cervantina- tanto a do quixotesco Maese Pedro como a dos personaxes de Chanfalla e a Chirinos no Entremés del Retablo de las Maravillas. Así, o tema do “gran teatro do mundo” do teatro como metáfora da vida, do teatro dentro do teatro exemplificase na dramaturxia de Dieste a través de personaxes coma o titiriteiro Pinturillas del Viaje y fin de don Frontán ou  do xograr Fantasio en Nuevo retablo de las maravillas.

Manuel Guede Oliva, nese tempo director do Centro Dramático Galego, (CDG)presentou a comunicación titulada: Viaxe e fin de Rafael Dieste: Unha travesía inugural.

Despois de lembrar que o CDG produciu en 1994 A fiestra valdeira con dirección de Xulio Lago, narra como nun paseo polo vello cemiterio de Compostela chamado Santo Domingo de Bonaval, tivo a ocorrencia de que era un espazo posible para ser intervido teatralmente para contar unha culpa, para que nel habite esa incerteza de todos á que Rafael Dieste lle puxo voces e dúbidas e ordenou de lle chamar Viaxe e fin de don Frontán.

E pensou como director no nome de Antonio Simón polo seu oficio, talento e a súa ollada  cinematográfica.

Euloxio R. Ruibal en Breve aproximación á poética teatral de Dieste, comenta as influencias de diferentes autores na súa obra. Por exemplo a de  Pirandello  afirmando que o procedemento do desdobramento é empregado en Duelo de máscaras e tamén en Don Frontán ou o distanciamento de Brecht na Fiestra Valdeira.

Antonio Simón co título Dirixir por encargo logo de expor o condicionante de non poder elixir o texto e autor co que un desexa expresarse, describe a interesante  estrutura metodolóxica que seguiu para a montaxe.

RVB de Pepe18022023 2

A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño

de Xosé Manuel Fernández Castro

Xunta de Galicia / Edicións Laiovento. Santiago de Compostela, 2011.

Portada Vieites

Crónica do Teatro Galego

de Manuel F. Vieites

Servicio de Publicacións. Universidade de Vigo, 2003.

A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño é o relato da carismática procura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termos divulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro dun creador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundo milenio.

Roberto foi un traballador incansable que non se limitou á parcela de escritor senón que, roubándolle tempo ao tempo, dirixe, actúa, funda, predica, rifa, loita e vive para e polo teatro.

Parece claro que hai unanimidade á hora de considerar a obra bolañesa como un sólido legado ao patrimonio artístico e cultural galego.

Neste alambique destilase un insólito fenómeno cultural colectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximo aínda que xa admite unha visión histórica.

O volume iniciase reivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira para logo catalogar e clasificar as súas obras avanzando unha lectura temática dos proxectos en que empeñou a vida.

A proposta remata esgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución do teatro institucional  plenamente galega, Agasallo de sombras.

O carácter institucional desta montaxe causou un seguimento nunca antes visto na prensa que foi recollido  no Centro de Documentación Teatral do IGAEM o que permite a súa consulta por investigadores – como é o caso de Xosé Manuel Fernández Castro- interesados na complexidade fenomenolóxica desta obra, na rica e animada personalidade de R.V.B, no pulso entre a sociedade galega e o seu teatro na fin do milenio, e como non nas pautas da nova disciplina chamada dramaturxia.

Mágoa que este Centro de Documentación Teatral que debía preservar a  memoria histórica do teatro galego estea hoxe pechado. Tristura da o silencio da profesión ante este atentado. Se Roberto levanta cabeza!

Un aspecto importante estudado é a desmitificación revolucionaria que realiza R.V.B. da figura de Rosalía de Castro en Agasallo de sombras. Trata de derrubar unha lectura tendenciosa do valor mítico de Rosalía. Non se cuestiona que Rosalía sexa a símbolo do país, o que se pon en cuestión é que o espírito do país sexa dócil co asoballamento.

Xosé Manuel F. Castro ( Pepes) é Experto en Estudos Teatrais e profesor de Ensino Secundario. O presente volume sintetiza a tese doutoral.

Este volume recolle críticas, artigos, estudios, entrevistas, recensións…cousas escritas sobre teatro desde 1992 ao 2002.

Dez anos de traballo a pé de escena, o libro recolle, entre outras cousas, unha andaina ben representativa da creación teatral e literaria galega. Nas súas páxinas aparecen reflectidos e analizados os traballos de autores, directores e compañías moi significativas, polo que o valor da escolma aumenta en tanto pode resultar de utilidade para analizar a historia  recente do teatro e da literatura dramática galega.

Para facilitar a lectura e consulta, o volume inclúe un índice de autores, obras, textos, directores, espectáculos ou autoridades.

Un dos capítulos está dedicado a unha serie de entrevistas con directores de escena. Nelas se analizan cuestións certamente relevantes para o exercicio profesional sobre todo se consideramos a traxectoria dalgunha das voces convocadas v.g:Peter Brook.

Entrevistas que teñen un valor dobre, pois se dunha banda informan de aspectos concretos do acontecer histórico da outra tamén conteñen atinadas consideracións respecto de aspectos tan relevantes como a interpretación, a dirección de escena ou as relacións entre escrita dramática e creación teatral, a través da palabra de persoas como franco Passatore, Pino Capitani,Luís de tavira, Antonio Simón, José Martíns ou Manuel Lourenzo…

Outras seccións deste volume presentan materiais moi diversos, todos relacionados coas políticas culturais e teatrais, con propostas de exhibición como mostras e festivais e coa súa lectura crítica, coa situación das ensinanzas teatrais ou co proceso de estabilización e regularización da actividade teatral e coa conseguinte creación de tecido teatral  teima que leva directamente ás compañías residentes, un discurso que se fai recorrente.

Os potencias lectores destas crónicas ben poden ser todas as persoas interesadas no estudio dos procesos de creación, difusión e recepción cultural e por suposto  as alumnas e alumnos da Escola  Superior de Arte Dramática de Galicia e as xentes do teatro amador.

O autor, licenciado en Filoloxía Xermánica e doutor en Ciencias da Educación é un investigador, tradutor e animador teatral imprescindible no teatro galego contemporáneo. Foi director e profesor da ESADg desde a súa fundación en 2005 até a súa xubilación.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.