Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín Informativo nº 24

Abril-Maio-Xuño 2022

Ibsen, Valle Inclán, Manuel María, clásicos recreados cunha mirada contemporánea por artistas deste país. E unha aproximación, desde o teatro, para procurar o camiño da identidade, individual e colectiva, da identidade galega.

Velaquí cal é o noso convite para entrar neste boletín 24 do Fondo Teatral María Casares.

Casa de bonecas

de Henrik Ibsen. Versión de Xoán Carlos Mejuto.

Editorial Positivas. Colección DITEATRO. Clásicos Nunha Hora.

Divinas Palabras Revolution

Traxicomedia de Aldea Global a partir de Ramón María del Valle-Inclán
de Manuel Cortés e Xrón.

Edición Xunta de Galicia-Positivas. O Papel do Teatro. Colección do Centro Dramático Galego.

Esta adaptación ao galego para dous actores é un experimento escénico pois tenta contar a historia só a través das escenas do matrimonio Nora e Torvald. A ausencia de tramas secundarias e doutros personaxes enfronta irremisiblemente aos dous personaxes agravando o conflito que se acocha na relación de parella.

O autor desta versión, propón ao espectador unha inmersión na intimidade do matrimonio e o convirte nun mirón indiscreto obrigándoo a reflexionar sobre un dos paradigmas máis arraigados na sociedade actual: o sistema patriarcal. O machismo.

Aínda hai que lamentar a vixencia da denuncia que fai Nora en relación coas circunstancias que, como muller, marcan a súa existencia desde que nace ata o momento en que abandonando fillos, esposo e fogar marcha dando o mítico e rotundo portazo que é xa referente importante na historia do teatro contemporáneo.

Esta é a primeira entrega do ciclo Clásicos Nunha Hora, unha liña de traballo co que a compañía ESTUDO DO MOMENTO pretende facer un achegamento aos grandes textos do teatro universal en versión reducida convencida de que aínda hoxe en día teñen moito que dicir.

Esta versión foi estreada o 30 de novembro de 2017 no Auditorio Centro Agora de A Coruña coa dirección do propio autor.

A consecuencia da morte de Xoana, a súa irmá e a súa cuñada disputan a custodia do fillo morto, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden acadar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño,Candás, Laureano e Sétimo Miau son nove persoas pechadas nunprograma de telerrealidade, que reviven, incoscientes, o cru e duro retablod e avaricia, luxuria e morte que Valle- Inclán construíu para as súas Divinas Palabras.

Esta é unha versión inconscientemente libre do texto orixinal perpetrada polo equipo artístico do grupo Chévere. É un achegamento á obra orixinal tal e como se fose un cadáver ao que había que facer unha autopsia, abrir en canal, extraer os seus órganos internos e recompoñer de novo cada unha das súas partes, para lle dar nova vida dentro do contexto actual da nosa sociedade. O resultado desta operación, tipo Doutor Frankenstein, tocou ao público de hoxe e non deixou indiferente a ninguén.

A montaxe foi estreada no Salón teatro de Compostela o 12 de abril de 2018 con dirección e dramaturxia de Xron.

O volume inclúe ilustracións do espectáculo.

A Lúa Vai Encuberta

de Manuel María

Dramaturxia de Vanesa Sotelo. Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

DramaturXa

de Lois Blanco, Ana Carreira, Santiago Cortegoso, Eva F. Ferreira, Ernesto Is, Zé Paredes, AveLina Pérez, Marta Pérez, Rosa Puga, Gloria Rico.

Edición: Xunta de Galicia-Positivas. O Papel do Teatro. Colección do Centro Dramático Galego.

A Quinta do Cuadrante e Incendiaria foron as compañías gañadoras do 2º Certame Manuel María de Proxectos Teatrais coa súa proposta A lúa vai encuberta, realizada sobre a obra homónima de Manuel María.

O presente volume recolle en primeiro lugar o texto orixinal de Manuel María e, a seguir, a dramaturxia do espectáculo realizada polas compañías gañadoras do Certame.

Tal dramaturxia preséntase e 15 escenas desenvolvidas durante o proceso creativo como resultado do diálogo das compañías co texto orixinal do autor chairego.

Entre os moitos valores que segundo a consideración do xurado, fixeron este proxecto merecedor do premio, subliñamos un deles: constituír un proxecto importante e ambicioso, tanto no plano creativo como de realización e produción, que se propón mostrar algunhas claves para comprensión da situación da sociedade galega actual. Para isto bota man da análise dos principais acontecementos que se sucederon no noso país ao longo de século XX, até os primeiros anos do posfranquismo, supoñendo así unha forma intelixente de confrontar a sociedade galega co seu pasado recente e coas súas propias contradicións. Neste sentido, estamos diante dun teatro que fala da nosa realidade usando elementos documentais e posibilitando a irrupción do real na escena.

Recóllese aquí o resultado do proxecto de apoio á dramaturxia galega contemporánea, propiciado por Fefa Noia desde a dirección do Centro Dramático Galego (CDG) en colaboración coa Asociación Galega de Dramaturxia. Este grupo de traballo de dramaturgas e dramaturgos estivo coordinado polo autor, actor e director Manuel Lourenzo.

A súa tarefa durou de febreiro a xullo de 2018 con dúas sesións por mes de cinco horas de duración cada unha.

O seu obxectivo foi reflexionar sobre a identidade galega, co fin de que cada participante desenvolvese unha peza teatral ao respecto. De entre estas pezas fíxose unha elección para ser levada a escena como produción propia do CDG. E todas elas serían publicadas. Obxectivo, pois realizado.

Neste volume antolóxico de Dramaturxia galega contemporánea atopamos dez tramas habitadas por personaxes que se multiplican ata o infindo, para botar algo de luz sobre o camiño da identidade, individual e colectiva, da identidade galega.

Que nos asemella, que nos diferencia, entre nós, ante os outros? Existimos ou subsistimos? Vivimos ou sobrevivimos? Que significa ser galega, ser galego?

Coñecemos as preguntas, si. Mais as respostas? Moitas delas non veñen no libro. E sería doado tentar de atopalas no tempo da nosa vida…

Neorretranca e Posmorriña

Fantasía nº 5 en sol ou non e Boisaca ou a divina desgraza
de Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte

Na butaca

Fantasía nº3 en Dor Maior
de Esther F. Carrodeguas

Editorial Galaxia

Este foi o texto elixido para se levado a escena polo CDG dentro do proxecto de apoio á dramaturxia galega contemporánea ao que fixemos referencia anteriormente.

Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas

Unha varredora baila levando a area que moveu a treboada de novo no seu sitio: recoloca o mundo atacado polo home. Alguén pinta no muro “Viva España”. Unha vella agarda pola morte.

Mentres tanto, a moza que vai saír de marcha non sabe como combinar a saia de Zara co pano tan bonito da súa bisavoa. No micrófono alguén berra: XA NON HAI TEMPO PARA APOIARSE NAS PAREDES. E na parede, alguén pinta: MIÑA NAI FALA GALEGO MI PADRE HABLA CASTELLANO 50 AÑOS FELICES.

As vellas botan “gasofa” na terra para que medren as cenorias. E nón preguntámonos cando chegará unha xeración verdadeiramente apaixonada, unha desas de LUME (pero outro lume, eh!) En proscenio: a maleta.

Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte

O dramaturgo, encarnado nunha veterana actriz, ten que escribir unha obra de teatro sobre a identidade nacional, coa posibilidade de que esta sexa representada no CDG. Para conseguilo, convoca a escritora Mary Shelley, para que o acompañe nunha viaxe ao outro mundo na procura do seu pai. No seu camiño encóntrase con algún dos mortos que construíron, cada un co seu anaco, ese monstro noxento que é a identidade nacional galega.

Na butaca aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento: concretamente, o esquecemento como doenza tipo demencia ou alzheimer que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade.

A obra, partindo da idea do vivir no presente desa personaxe que está esquecida- perdida do seu pasado e do seu futuro, tamén- achéganos a unha realidade que por veces nos amosa paz e outras anguria; felicidade ou rabia. E xunto a ela imos do cómico ao escatolóxico pasando polo transcendente.

Na butaca tamén é un alegación -poética- a favor da vida no presente. Ao fin e ao cabo, quen non pensou algunha vez que o esquecemento nas faría máis felices?

Esther F. Carrodeguas (Rianxo 1979) asenta o seu currículo entre as letras, o audiovisual e o teatro. A súa escrita cabalga sobre os lindes que separan os xéneros; por este motivo moitos dos seus textos son difíciles de clasificar. Premiada co Pedrón de Ouro polo relato Subir o telón ( Edicións do Castro 2008), con Collage (Barbantesa 2011) reafirmase nun estilo persoal e poético. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando cara ao teatro. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia en 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista non só na súa colaboración desde o Consello de Redacción na Revista Galega de Teatro, senón tamén no seu teatro que xorde dunha necesidade vital de investigación. Deste xeito naceu Na butaca pero tamén Voaxa e Carmín Premio Abrente de Textos Teatrais 2015 ( Difusora de Letras, Artes e Ideas 2016) e malcriada ( Edicións Positivas na Colección “Diversos” 2020 ).

Na actualidade, dirixe, xunto a Xavier Castiñeiras, a Compañía Teatral ButacaZero.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.