Revista Galega de Teatro

Publicidade

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC Boletín Informativo # 22

Novembro-decembro 2021

Nesta última entrega de 2021, facemos referencia en primeiro lugar a un volume que recolle diferentes achegas teóricas sobre un tema que coidamos de sumo interese para o futuro do teatro galego: a residencia teatral. A memoria histórica sobre o traballo xa realizado cómpre tela en conta para seguir avanzando.

Recomendamos de novo a lectura, ou a consulta, dun novo estudo sobre o Teatro Popular Portugués. Se no boletín anterior citamos o patrimonio teatral da rexión de Trás os Montes agora é a quenda das representacións populares entre o Douro e o Miño.

Unha intrigante historia dramática escrita por un dramaturgo residente en Aragón e a peza, en clave de sátira sobre o poder, dun autor arxentino, traducida ao galego, pechan este novo convite para visitar o Fondo Teatral María Casares da biblioteca Pública de Cangas.

O Teatro tamén se le.

Bo Nadal e ventureiro 2022.

Galicia e a Residencia Teatral

Compañías residentes e regularización do tecido teatral
de Coordinador: Manuel F. Vieites

Consello da Cultura Galega

Teatro popular portugués

Entre- Douro- e- Minho III: Do Carolingío ao Maiato
de Azinhal Abelho

Editora Pax. Braga, 1970.

Este volume recolle as actas do Encontro celebrado en Santiago de Compostela o 28 e 29 de maio de 1999, organizado polo Consello da Cultura Galega, Comisión Técnica de Teatro, Sección de Música e Artes Escénicas.

Este encontro tentaba reflexionar sobre a necesidade de promover a creación de estruturas teatrais de titularidade pública, desde as que os creadores escénicos poidan establecer un diálogo máis permanente e frutífero cos seus públicos, entendendo sempre que a cultura é un servizo público tal e como se manifesta no artigo 44 de Constitución Española de 1978: Os poderes públicos promoverán e tutelarán o aceso á cultura, á que todos teñen dereito.

As “compañías residentes” foron un dos temas máis recorrentes nas cinco edicións dos encontros de teatro entre Galicia e o Norte de Portugal ( Teatragal de 1996,1997 e 1998) mais que aínda hoxe é, sen dúbida, unha cuestión pendente dentro dun programa de política cultural deseñado con rigor e futuro.

Non se trataba de substituír o que xa existía. Máis ben complementar e tamén mellorar as outras liñas existentes: a itinerancia, os Circuítos, as Compañias Independentes ou as Salas Alternativas. A “residencia” non sería máis que un dos eixes sobre os que construír un verdadeiro sistema teatral.

Salientábase con claridade que o seu obxectivo era promover a creación de novos espazos e tempos para a creación, a exhibición e a recepción. Un proxecto que polo demais debería ser plural como plural é a sociedade á que vai dirixido.

Enumeramos de seguido os títulos e os autores das comunicacións presentadas:

-Territorios do(s) teatro(s) e teatro(s)para os territorios. Algunhas reflexións arredor das políticas culturais, as políticas teatrais, o tecido teatral e as compañías residentes. Manuel F. Vieites.

-Companhias residentes e exercício de cidadanía. José Martíns.

-Consideracións básicas sobre as compañías residentes.Eduardo Alonso.

– Itinerancia e estabilidade. A regularización do tecido teatral. Cándido Pazó.

-O remate dun ciclo. Xulio Lago.

-Unha noite no muiño. Gustavo Pernas Cores.

– O financiamento das Compañías Residentes. Francisco Javier Sanjiao Otero.

– Residencia teatral e estatuto profesional. Eduardo Alonso.

– Residencia teatral. Un esbozo para Pontevedra. Xosé Manuel Pazos Varela.

Velaquí un sumario rico en propostas teóricas e prácticas que incita a súa lectura e debate.

De entre todas elas escollemos e dámoslle rolda a dúas voces ausentes: Gustavo Pernas e Xosé Manuel Pazos.

Gustavo, logo de afirmar que o teatro itinerante que se practica en Galicia é un camiño sen saída, un exercicio de histérica supervivencia, enumera até 16 síntomas desa lenta agonía: a escaseza de infraestruturas nas pequena vilas, a falta de compromiso real dos partidos políticos coa cultura, a falla de empatía entre as diferentes artes e artistas de Galicia, o excesivo número de compañías, uns presupostos cativos, a falla dunha política cultural e teatral clara e coordinada entre as distintas institucións públicas, etc, etc. E sen embargo a pesar deste panorama algo se move, hai públicos diversos para variadas tendencias, autores con ideas anovadoras e directores e actores e técnicos que máis por paixón que por compensación se dedican a este oficio. Aínda hai saídas para a resistencia, escribe, Unha resistencia que pasa pola mellora de condicións para unha itinerancia necesaria pero que non deber ser traumática, e unha resistencia que albisca un horizonte máis amplo no que hoxe está en boca de todos, unha posible estabilidade na “residencia teatral”.

No entanto, considera que son moitos os modelos de residencia que existen e ademais que o concepto de compañía residente e suficientemente ambiguo e pode levantar suspicacias.

Ao cabo, valora e enumera como efectos beneficiosos o seu estabelecemento desde o punto de vista da produción, da creación, da exhibición e da formación.

Trátase de proxectos, conclúe, para a cidadanía, e o público das cidades é diverso. A compañía residente con fondos públicos debe saber aglutinar diferentes tendencias artísticas e será máis rica, por tanto, na medida en que saiba conxugar a creatividade de varias compañías nun proxecto artístico común. Trátase de sumar, non de restar. Trátase de facer compatibles e alternas estéticas diferentes non de impoñer unha soa alternativa. Trátase, en definitiva, de residir no sentido de convivir entre nós e co público da cidade e non de ser residentes privilexiados, ni, no peor dos casos, vellos itinerantes cansos, que no final da súa andaina se converten en asilados.

Tamén Xosé Manuel Pazos, con outros matices, defendía a creación dunha serie de compañías residentes nas principais cidades ou mesmo en importantes cabeceiras de comarcas do país. Estas compañías serían as encargadas de xestionar un teatro de titularidade pública durante todo o ano e ofrecerían espectáculos propios con continuidade na carteleira e outros servizos como campañas de animación e captación de públicos, formación, colaboración con institucións educativas, intercambios con outras compañías, organización de eventos teatrais, etc. O seu obxectivo sería, xa que logo, que o teatro constituíse unha oferta cultural regular, inserida na vida cotiá e, por conseguinte, unha referencia máis da cidade para a cidadanía.

Pazos, home cunha longa experiencia na política municipal, consideraba que coa creación de compañías residentes habería un mellor aproveitamento dos recursos públicos pois a cultura, a arte dramática neste caso, chegaría a un maior número de persoas.

Na segunda parte do seu traballo, esbozaba un proxecto concreto de residencia no Teatro Principal de Pontevedra pois segundo a súa opinión, esta sería a cidade ideal para un proxecto pioneiro.

Vexamos algunhas das razóns que esgrimía:

Porque é unha cidade media no país, e polo tanto a incidencia dunha compañía teatral residente no tecido social sería moito máis doada ca nunha cidade máis grande; porque o Teatro Principal, edificio emblemático situado no corazón da cidade, conta coa infraestrutura técnica necesaria para desenvolver dignamente a actividade teatral; porque falar de Pontevedra é falar dunha cidade de arredor de setenta e cinco mil habitantes cunha área dependente dende Caldas a Soutomaior, dende Marín a Pontecaldelas de moitos miles máis; pero tamén con tres comarcas próximas da importancia do Salnés, A Arousa e O Morrazo para as que a capital se pode e se debe converter en foco de atracción teatral. Evidentemente, a partir dun intenso traballo de dinamización e captación de públicos por parte da compañía, con convenios e/ou ofertas a centros educativos, asociacións cívicas, empresas, etc.

E remataba a súa suxestión indicando que en Pontevedra están instalados centros de estudios como a Facultade de Belas Artes, o Conservatorio de Música, a Escola de Idiomas, a Escola de Formación do Profesorado e outros centros de estudo cos que unha compañía residente pode e debe establecer convenios de colaboración para a realización de escenografías, tradución, elaboración de material didáctico, composición e/ou execución musical, formación, realización audiovisual etc, conseguindo así unha implicación de diferentes entidades no proxecto teatral e servindo de elemento aglutinador da creación artística alén do estritamente teatral.

Pasaron máis de vinte anos despois destes Encontros e malia o tempo transcorrido, alguén pensa que non paga a pena procurar a creación de compañías residentes en espazos públicos?

O reto está pendente. Neste volume que recolle os Encontros hai ideas para que algún colectivo teatral elabore un proxecto de compañía residente que logre convencer aos políticos e xestores dos orzamentos públicos, como, e quizais de forma máis importante, polo convencemento ós cidadáns en xeral da necesidade da súa existencia.

Este volume dedicado ao Teatro Popular entre o Douro e o Miño, está dividido en tres ciclos: Ciclo Carolínxio, Ciclo Guerreiro e Ciclo Maiato.

No Ciclo Carolínxio están agrupados os textos que procuran glosar o tema de Carlos Magno e dos Doze Pares de Francia. O seu desenvolvemento escénico concrétase no espectáculo das loitas entre mouros e cristiáns. Son manifestacións artísticas ao aire libre sen participación feminina. Cando hai papeis de muller son (ou eran) representados por homes.

O Ciclo Maiato será o teatro que ten por centro a vila da Maia e irradia polos seus arredores. Aquí o teatro vive moito do virtuosismo do actor. Son os Reiseiros da Maia facendo teatro litúrxico, profano, cómico ou dramático, mais dentro da liña popular.

O Teatro do Ciclo Carolínxio é un teatro tradicional, rústico, con énfase salmodiado; o Teatro do Ciclo Maiato pode ser circunstancialmente urbano, con evolución de escolas dramáticas e con técnica de mímica máis depurada.

Ciclo Carolinxio. Do Norde ao Sur de Portugal hai o convencemento de que todo o que é antigo é do tempo dos mouros. Nos achados arqueolóxicos e nas lendas sempre se fala da presenza dos mouros e isto mesmo se reflicte no teatro popular co tema da loita entre mouros e cristiáns.

Desde a Península Ibérica chegou por medio das navegacións até México, na povoación de Ixtalapala e ao Brasil en rexións do Nordeste. No mapa de Portugal con diferentes nomes “Comedias dos Mouros e Cristiáns”, “Combate da Moura” e mesmo en Galicia hai dabondo exemplos desta temática. Mais será na rexión de Entre Douro e Miño onde, segundo o autor, máis se difunde.

Dentro do Ciclo Carolingio, están incluídos os textos de

“O Auto da Floripes” recollido da tradición oral e anotada por Leandro Quintas Neves. “Os turcos de Crasto” e a “Dança dos Bugios e Mourisqueiros” conforme a describíu António Martins da Costa Rangel.

No Ciclo Guerreiro faise referencia á “Dança do Rei David” de Braga e as “Danças mesteirais de Penafel” comentadas por Rio Maior de Moura.

No sumario deste volume e xa dentro do Ciclo Maiato, recóllense diferentes entremeses, autos, misterios ou sinxelamente “comedias” como lles chama a xente do común. A primeira é a “Reisada” do Concello de Santo Tirso glosada por Alberto Pimentel; deseguido “O Auto dos reis Magos” de Penafiel; o “Auto de S.Joâo”, un texto cedido polo párroco de S.Joâo de Subportela; “Senhora de Fátima” e “O Teatro do Grupo de Boas -Festas do Porto” por Cláudio Basto.

Nas súas derradeiras páxinas o libro ilustra con fotografías algunhas das representacións comentadas.

De entre as representacións populares aquí recollidas, quizais sexa “O Auto da Floripes” a que máis vigor teña na actualidade. A representación deste auto ten lugar o día 5 de agosto no Largo das Neves en Viana do Castelo. Nesta manifestación teatral encontramos varios elementos reunidos: acción, expresión dramática, texto, canto, danza e mímica. A pesar de que o texto na súa xénese ten un carácter evanxelizador e moralista -os turcos son os malos e o cristiáns os bos- o Auto da Floripes é unha historia de ficción que compre desde sempre o seu papel lúdico e revela, entre os seus momentos solemnes, trazos de comedia e sátira.

Cunha recoñecida antigüidade e unha periodicidade anual continua, distínguese como unha das pezas sobreviventes do vello teatro popular e afirmase como unha das referencias fundamentais do teatro popular portugués.

O Auto da Floripes asúmese como patrimonio e parte integrante da identidade das tres freguesías -Mujâes, Vila de Punhe e Capareiros- que integran o Lugar das Neves e manifesta unha dimensión nacional e internacional no panorama do patrimonio cultural inmaterial.

Dentro xa do Ciclo Maiato, tamén se mantén viva a representación do “Auto dos Reis Magos” na parroquia de Santa Marinha de Figueira, en Penafiel. Trátase da posta en escena da chegada dos Reis Magos a Belén para visitar ao recen nacido o neno Xesús.

A orixe deste Auto remóntase probablemente á Idade Media e ao seu teatro relixioso representado no adro das igrexas. O seu contido verbal e o xeito de representación semella que foi pasando por tradición oral até o século XX. Mais en vías de perderse para sempre, en 1967 o párroco Luís António Gouvela fixou o texto adaptándoo da biblia.

Con cerca de 100 figurantes, esta peza de teatro relixioso representase o domingo seguinte ao día 6 de xaneiro.

El caracol

de Nashaat Abdel-Hafez Conde

Serie Roja, nº 14. Titirilibros. Teatro Arbolé, 2011.

O xigante Mapoulas

de Juan Bautista Alberdi

A Biblioteca do Arlequín nº 23. Sotelo Blanco, 1995.

Este texto está pensado para catro actores, aínda que os personaxes que aparecen son algúns máis. Son varias escenas curtas e en todas elas o protagonista está presente, agás nunha na que aínda que el non participa é o tema da conversa. Toda a historia xira, pois, en torno a el e vai mesturando o pasado e o presente, o real e o non real ata descubrir cales foron os feitos e cal é o estado mental do suxeito en cuestión.

O xeito de se ir desenvolvendo a historia ao redor do protagonista e do que sucede na súa mente, retornando cada pouco ao mesmo sitio mais ofrecendo unha visión maior do que está a pasar, lembra o movemento en espiral, de aí tamén o título, facendo referencia á cuncha do caracol, animal co que o protagonista tamén se identifica.

O texto é inquietante desde o primeiro momento e moi duro tamén, no que están presentes os abusos, as alucinacións e as enfermidades mentais, o catolicismo máis perverso, o asasinato… xerando un verdadeiro thriller psicolóxico. Todo o texto é áxil e dialogado, sen case acotacións e cunha dosificación moi boa da información.

Nashatt Abdel vivíu os seus primeiros anos entre Palestina e España, onde reside actualmente. Móvese entre diversas facetas artísticas e con este texto gañou en 2009 o concurso de Fomento da Literatura Dramática, convocado polo C. D. de Aragón.

O xigante Mapoulas é un pequeno texto dun só acto que se desenvolve nun espazo aberto. O tema é un conflito bélico, no que dun bando están catro personaxes, mais o xigante Mapoulas, que é un moneco, e do outro bando tres oficiais do exército. Hai tamén uns cantos soldados, de número indefinido que aparecen en grupo, sen que ningún deles destaque sobre os demais.

Aínda que o texto vai sobre a guerra non hai loita ningunha, pois os seus protagonistas non teñen nin a infraestrutura, nin o valor para loitar; tampouco a capacidade para actuar de xeito conxunto e organizado.

A obra está chea de humor e de diálogos que rozan o absurdo. Este é un claro adianto ao teatro que se escribiría case un século despois. As conversas derivan en comentarios insensatos e ilóxicos. A heroicidade dos cargos do exército queda ridiculizada e os personaxes acaban convertidos en fantoches, case tan deshumanizados como o moneco que lle da nome á peza.

O texto é de lectura fácil e amena, cheo de humor e recomendable para secundaria. A pesares de ser unha crítica á situación política da Arxentina de comezos do século XIX e ao poder exercido por Manuel de Rosas, a quen alude nalgún momento, pode lerse e disfrutarse totalmente sen ter coñecemento desa realidade.

Juan Bautista Alberdi (Tucumán 1810- París 1884) foi avogado, xornalista, embaixador, escritor… Escribiu dúas pezas teatrais La revolución de mayo (1839) que é un canto á liberdade fronte á tiranía e El gigante Amapolas (1841).

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Publicidade
Publicidade
close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.