Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro

Fondo Teatral María Casares - Boletín

FTMC – Boletín informativo # 18

Xuño 2021

Ofrecemos para este mes de xuño un saboroso e nutricio cóctel de lecturas teatrais nunha nova entrega do Fondo Teatral María Casares. Os seus ingredientes: dramaturxia galega contemporánea mesturada con contos portugueses (moi axeitados para levar ao teatro) e humor francés. Bo proveito!

A ciencia dos anxos

de Inma António

Publicacións da Deputación da Coruña. 2005.

Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais 2003.

Teatro infantil

de Jacobo Paz

Edicións Laiovento (2007). Colección Cadernos de Teatro nº 8.

A ciencia dos anxos é unha obra con dous personaxes, dúas escenas e que ocorre en dous días consecutivos, aínda que con moitas referencias ao pasado. Conta a historia de amor entre Luz e Gabriel, ambos biólogos moleculares. Luz e Gabriel levan traballando xuntos no mesmo laboratorio durante anos, case sen profundar nas súas conversas, mais coñecéndose e namorándose nos diálogos repetidos, nas accións cotiás, nos silencios e nos xestos amábeis que fan o un polo outro, sen nin sequera saber que o outro é consciente deses coidados que se lle ofrecen. Pois son cuestións que non se verbalizan, que se deixan ir…

O tema da súa comunicación muda o día que Luz ten algo novo que contar e que vai afectar ao seu futuro laboral e persoal. A raíz de aí vanse contando acontecementos da súas vidas e pouco a pouco van desvelando a súa historia oculta e os seus sentimentos ao tempo que falan do mundo científico, da sociedade, o amor, da ética e dos seus proxectos futuros.

É moi fermosa a historia froito da casualidade, aínda que nada é casual e todo sucede por un algo, a raíz da cal Gabriel pode coñecer as outras caras da poliédrica Luz. Así como a toma de conciencia do papel que xogan eles no seu traballo, sendo pezas dun plan preestablecido, froito da causalidade, que non da casualidade; como ben explica Gabriel nun momento da obra.

O final é esperanzador e fermoso, tanto dende o punto de vista persoal como laboral dos protagonistas.

É un texto moi axeitado para traballar en secundaria, desde unha perspectiva da crítica social e a ética. Pode ser motor para indagar no coñecemento dos campos mórficos, que ben se poden aplicar tanto ás estruturas sociais como familiares.

Inma António é actriz, escritora e deseñadora. É presidenta da Academia Galega de Teatro e foi a primeira muller en gañar o Premio Rafael Dieste de Textos Teatrais, ao que se presentou baixo o pseudónimo de Fulcanelli, pseudónimo, á súa vez ,dun alquimista do século XX.

Produccións Librescena estreou esta obra no 2005, interpretada pola propia Inma António xunto a Miguel Pernas, quen ademais foi o director.

O libro recolle tres pezas curtas de Jacobo Paz:

Príncipe Lagarto, no que aparece a Raíña Lupa, nai do protagonista. Fala dos meigallos, do mal, da forza do amor… Resulta moi interesante a determinación da personaxe feminina Blancafor, quen contra a vontade do seu pai decide ela a quen amar.

Orcavella, ten entre os seus protagonistas á terrible vella que comía aos nenos,  ao Rei Cintolo e a súa filla a princesa Manfada. A historia ten como tema o amor, mais tamén a astucia e o poder. Ao final demostra que o que verdadeiramente ten valor non precisa de grandes riquezas nin excesos.

As horas abertas, neste texto aparecen entre outros, Ana Manana e o Sacauntos. Fala do engano, dos perigos, mais tamén do perdón e da aceptación.

As tres son historias con moitos referentes ás lendas de tradición oral e á mitoloxía galega. Introdúcennos no mundo das raíñas, os mouros, os demos… Aínda que son textos infantís, a crueldade dalgúns feitos que se presentan pode resultar desagradable para o público cativo, mais é un bo libro para achegar a lectura teatral ao público non afeito a este tipo de textos, xa que  resultan moi bos de ler e interesantes. A aventura, a valentía e o misterio teñen moita presenza e moito peso. Por outra banda, son fabulacións das que se poden tirar importantes aprendizaxes.

Jacobo Paz Limia é dramaturgo, director e guionista. Fixo guións para series, programas, longametraxes e películas de televisión. Foi gañador do Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, por As Leis de Celavella. Como autor teatral ten numerosas obras e traballou na creación do espectáculo “Estigma”, do Centro Dramático Galego.

Cadernos platta 4

Cadernos PLATTA 4

Voces en el limbo / Descociñando
de José Domínguez-Bueno / Carlos Labraña

Cadernos PLATTA nº 4 (2021). Edición trilingüe: galego, portugués e castelán.

Bichos

de Miguel Torga

Editora LeYa, 2020 (Portugués).

Os Cadernos PLATTA nacen directamente ligados ao Premio Platta de Teatro Breve impulsado desde a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que conforman a erregueté | Revista Galega de Teatro, a Federación Galega de Teatro Afeccionado, a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León e o Teatro do Noroeste- Centro Dramático de Viana do Castelo/TEIA Teatro em Iniciativa Associativa.

O Premio Platta naceu como resposta natural á demanda de textos cos que nutrir os obradoiros de lecturas dramatizadas en tres linguas (galego, portugués e castelán) que cada ano se celebran no marco dos festivais transfronteirizos da Plataforma e ten como obxectivo estimular a escrita teatral, promover a súa tradución e contribuír a súa difusión.

Este Caderno nº 4 foi presentado no último Festival Platta celebrado en Celanova, onde o día 13 de xuño realizouse a lectura nas tres linguas de Descociñando de Carlos Labraña.

Bichos de Miguel Torga é un universo presentado en catorce contos onde humanos e animais comparten características e tamén vicisitudes da vida, expoñendo cuestións fundamentais sobre a sociedade e a propia existencia.

Cada un dos catorce contos ten un personaxe: un animal humanizado ou un humano case animal e todos viven en loita coa natureza, con Deus ou consigo mesmo.

Diferentes entre si nas súas particularidades estes “bichos”, animais e humanos, están todos na mesma Arca de Noé, a terra nai, irmandados nunha loita igual pola vida e pola liberdade. As súas historias apelan á interpretación porque representan dilemas moi humanos mais compartidos tanto polos homes como polos animais. O Home é neste libro un bicho máis entre outros e non  ocupa un lugar privilexiado.

Dous destes contos (Vicente e Miura) integraron a dramaturxia do espectáculo da Compañía Certa, presentado na 26ª edición do Festival Sementes de Almada.

Teatro de humor

de Yves Frémion

Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España, 2015. Serie Literatura Dramática nº 90. Edición de Lydia Vázquez. (Castelán)

Novelista de ciencia ficción, escritor de relatos policíacos, crítico de cómics e membro activo de Les Verts (Os Verdes) en Francia, Yves Frémion é tamén autor de teatro coñecido polas súas obras radiofónicas e polas pezas breves nun acto.

Moi próximo aos debuxantes da revista satírica Charlie Hebdo, Frémion percorreu con eles boa parte da aventura desa e outras revistas de humor gráfico, loitou pola liberdade de expresión dos debuxantes no mundo enteiro e sígueo a facer desde a revista trimestral Les Papiers nickelés editada polo Centro de Imaxinería Popular, asociación parisiense que el preside.

As sete pezas que compoñen este volume conxugan ao humorista, amante e virtuoso do xogo de palabras e o mellor absurdo, co seu compromiso cultural e político.

Back to Top
Ads Blocker Image Powered by Code Help Pro

Ad Blocker Detectado!!!

Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

close

Log In

Forgot password?

Forgot password?

Enter your account data and we will send you a link to reset your password.

Your password reset link appears to be invalid or expired.

Log in

Privacy Policy

To use social login you have to agree with the storage and handling of your data by this website. %privacy_policy%

Add to Collection

No Collections

Here you'll find all collections you've created before.