Cambia ao modo escuro, máis amable cos teus ollos na noite.
Cambia ao modo claro, máis amable cos teus ollos durante o día.
O premio ten o obxectivo de estimular a escrita teatral e a súa difusión en galego, castelán e portugués.


En 2012, a erregueté | Revista Galega de Teatro impulsou, xunto coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) e a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León (FETACYL) e Comédias do Minho (Portugal) a Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador que naceu co propósito de fomentar o desenvolvemento do teatro afeccionado transrexional como unha realidade dentro da industria cultural nacional e europea. Aposta por unha nova visión do teatro amador como elemento indispensable para a divulgación e o intercambio cultural transfronterizo.
Despois de varios anos tendo como parceiros ás Comedias do Minho, en 2017, tras o seu abandono da plataforma, o parceiro portugués pasou a ser o Teatro do Noroeste – Centro Dramático de Viana/TEIA- Teatro em Iniciativa Associativa. A rama castelá-leonesa constitúea a FETACYL (Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castilla y León). Por parte galega, os socios son a FEGATEA (Federación Galega de teatro Afeccionado) e a propia erregueté | Revista Galega de Teatro.
Para acadar os seus obxectivos, a plataforma desenvolve unha programación teatral e cultural e busca liñas de actuación que posibiliten o intercambio teatral transfronterizo entre Galicia, Portugal e Castela e León.
PLATTA establece varias áreas de acción que se van consolidando ano a ano, froito do traballo continuado e do entendemento entre as persoas representantes das distintas entidades:
1. ENCONTRO, ANÁLISE E DISCUSIÓN: Xornadas de teatro que inclúen mesas de traballo e obradoiros de lecturas dramatizadas nas tres linguas (galego, portugués e castelán).
2. FORMACIÓN: Apertura de actividades formativas organizadas por cada entidade ós compoñentes das demais.
3. MOBILIDADE E DIFUSIÓN: Celebración de 3 festivais anuais transfronterizos de teatro.
A partir de 2019, a Platta convoca o PREMIO PLATTA DE TEATRO BREVE EN TRES LINGUAS
Parece que capaches a nosa publicidade... Os anuncios da nosa páxina permiten á erregueté manterse activa. Desactiva o Ad Blocker e refresca a páxina para poder desfrutar dos nosos contidos con normalidade.

Para ofrecer mellores experiencias, usamos cookies para gardar ou acceder á información do dispositivo. O teu consentimento permite procesar datos como a navegación. Non consentir pode afectar certas funcións do sitio.