in ,

Celanova acolle unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador (PLATTA)

PLATTA
Imaxe de Domingo González || La indagación, La Lengua Teatro

Entre este venres 11 de xuño e o domingo 13, diferentes grupos de teatro amador de Galicia, Castela e León e Portugal actuarán dentro do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador que neste 2021 celébrase no concello ourensán. 

Celanova acolle neste 2021 unha nova edición do Festival Transfronteirizo de Teatro Amador (PLATTA). Desde este venres día 11, e durante toda a fin de semana, o concello ourensán será o marco das diferentes actividades escénicas e teatrais que a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) desenvolve xunto ao portugués Teatro do Noroeste-CDV e a Federación de Grupos Aficionados de Teatro de Castela e León, co apoio da erregueté | Revista Galega de Teatro.

“Pese ás dificultades derivadas da pandemia, e grazas ao esforzo de toda a federación, dos membros da plataforma PLATTA, do concello que nos acolle, e de todas as institucións que colaboran, este proxecto segue a ser posible”, afirma Chelo Pampillón, presidenta de FEGATEA.

Publicidade

Os grupos galegos Teatro Escoitade, Atrezo Teatro e Paso Valverde, serán os encargados de dar hoxe o pistoletazo de saída a esta nova edición do Festival PLATTA. Mañá, sábado día 12, a programación abrangue mesas de debate, lecturas dramatizadas de pezas de Curros Enríquez nos tres idiomas do festival, e a representación de La indagación, baseada no texto de Peter Weiss, por parte do grupo La Lengua Teatro de Castela e León. O domingo, último día do PLATTA, presentarase a edición do texto gañador do II Premio PLATTA de Teatro Breve: Descociñando, do dramaturgo galego Carlos Labraña. O festival pechará a súa edición 2021 cunha actuación á tarde do grupo portugués Teatro do Vez.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solos

Solos

Pre-textos

TRC Danza presenta o libro Pre-textos 2014-2018 na Coruña