O Culturgal desenvolveu a súa décimo terceira edición esta fin de semana pasada en Pontevedra e foi retransmitido tamén en streaming dende a web da feira a través de tres canles diferentes: Foro, Escena e Libro. Entre o 27 e o 29 de novembro presentáronse un gran número de proxectos culturais e ofrecéronse espazos de encontro para abordar temas relacionados coa situación actual e a cultura.
Etiqueta: Carlos Labraña
Carlos Labraña gaña o II Premio Platta – Galicia 2020
Carlos Labraña é o gañador do II Premio Platta de Teatro Breve – Galicia coa peza Descociñando. O texto será publicado na colección PLATTA en galego, castelán e portugués, dentro das actividades da Plataforma Transfronteiriza de Teatro Amador. O xurado –composto por María Armesto, José Breijo “Topo” e Mercedes Pardavila, actuando de secretario con […]
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates
As artes escénicas serán protagonistas na primeira edición do FLIV20, o I Festival Virtual do Libro de Galicia, un festival que contra as circunstancias quere dar visibilidade as letras e as autoras de Galicia e que, de xeito virtual, se celebrará entre os días 26 e 28 de xuño no enderezo web www.fliv.gal. Consciente […]
No confín de… Carlos Labraña
Carlos Labraña é un dos autores de teatro infantil e xuvenil máis prolíficos da literatura dramática galega. A pequena compaña, Estrelecer (publicada por Galaxia), A fada pirata, Moito Morro Corporation Sociedade Limitada ou O Valo (IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil) son algunhas das súas pezas máis destacadas. Parte activa da Asociación de […]
Carlos Labraña presenta ‘A pequena compaña’ en Compostela
Hoxe 17 de decembro, no Pazo de San Roque, en Compostela, Edicións Embora presenta o libro A pequena compaña, de Carlos Labraña, nunha edición con ilustracións de Oscar Villán. A presentación desta obra (VIII Premio Estornela de teatro para nenos) contará coa participación de Blanca Ana Roig, Armando Requeixo, Fernando Redondo, o Secretario Xeral de […]
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG na Coruña
O vindeiro 23 de novembro, terá lugar no Espazo Normal da Coruña (Paseo de Ronda, 47) a IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, unha actividade organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña […]
Carlos Labraña no Ciclo SGAE de Lecturas Dramatizadas
O vindeiro xoves 14 de novembro, ás 20:30, na Sala Germán Coppini da Fundación SGAE en Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada de Estrelecer, de Carlos Labraña, interpretada por María Barcala, Sonsoles Cordón, Dunia Díaz, Mónica García, Paula Sanmartín, Iria Sobrado e Arantza Villar. Labraña, un dos nosos dramaturgos máis premiados, entrega en Estrelecer unha historia […]
“Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza”, en Lisboa, con Carlos Labraña
Carlos Labraña visitará Lisboa nun acto organizado polo Centro Estudos Galegos da Universidade Nova Lisboa. Na súa estadía en Portugal Carlos Labraña participará nun coloquio con formato de conversa aberta co título Da escrita à exibição da obra em Portugal e na Galiza. Será este sábado 28 de setembro, ás 19:00, na Fábrica Braço da Prata, […]
Embora publica ‘A pequena compaña’, de Carlos Labraña
Edicións Embora vén de publicar A pequena compaña, obra de Carlos Labraña que gañou a VIII edición do Premio Estornela de Teatro para Nenos, convocado pola Fundación Neira Vilas, en decembro de 2014. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez, destacara na acta de concesión do premio «a perfecta caracterización […]
Representación de ‘O valo’ na libraría Berbiriana da Coruña
Hoxe, venres 10 de maio, ás 19:30, Os Furabolos representarán, na Libraría Berbiriana da Coruña, O valo, de Carlos Labraña, obra coa que o autor conseguíu o IX Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2016. O valo –publicada por Xerais– é un texto que propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz […]
Lectura de ‘A fada pirata’ de Carlos Labraña na Libraría Pedreira
Hoxe, na Libraría Pedreira de Compostela, as 19:30, o grupo Os furabolos presentará un espectaculo baseado na peza de teatro infantil A fada pirata de Carlos Labraña, unha obra na que se incide na igualdade de xénero e a paixón polos libros. A obra é unha das finalistas dos Premios Gala do Libro 2019 na […]
Finalistas dos Premios Gala do Libro Galego na categoría ‘Teatro’
Hoxe fixéronse públicos os finalistas dos Premios Gala do Libro Galego, organizados pola Asociación de Escritoras en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galiza. A entrega de premios será o vindeiro 11 de maio en Compostela. Con estes premios preténdese recoñecer a excelencia do traballo realizado no ámbito […]
“Venres de Teatro” na Libraría Pedreira de Compostela
O vindeiro venres 28, ás 20:00, a Libraría Pedreira de Compostela inicia un novo proxecto baixo o título “Venres de Teatro”, no que colaboran con artistas de diversa índole da literatura e das artes escénicas, con representacións e lecturas dramatizadas, co fin de ofrecerlles un pequeno espazo onde poidan amosar as súas propostas. Esta primeira […]
Convocados os premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases dos tres certames e abre desde mañá e ata o 10 de maio de 2018 o prazo de recepción de orixinais A Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as novas edicións dos premios Álvaro Cunqueiro para textos […]