Actualidade

PUBLICIDADE

A Mostra Internacional de Teatro, MIT, de Ribadavia, fará pública toda a súa programación o vindeiro martes, 29 de xuño. Porén, vén xa de anunciar unha nova actividade paralela que busca seguir contribuíndo ao impulso da dramaturxia galega contemporánea.

Trátase de DraMITurga, unha proposta organizada pola Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, e a MIT de Ribadavia, co apoio do Centro Dramático Galego, a partir dunha idea do dramaturgo portugués Ricardo Cabaça, secundada e coidada por Afonso Becerra de Becerreá, Ernesto Is e Zé Paredes.

No proxecto participan seis dramaturgos/as: 3 de Portugal e 3 de Galicia, que escriben cadansúa peza breve orixinal para esta ocasión. A partir desas 6 pezas breves orixinais estase a desenvolver un xogo no cal cada unha das 6 dramaturgas fará unha reescrita de cada unha das demais pezas. Isto xerará unha multiplicación de versións e reescritas que terá como resultado 36 pezas breves.

Xa que logo, DraMITurga anima, deste xeito, non só a creación contemporánea, senón tamén as conexións entre poéticas, estéticas e voces diferentes, dentro do eixo atlántico galego-portugués.

A última reescrita farase, in situ, na MIT Ribadavia e abrirase ao público nun evento especial, o día 25 de xullo, ás 12.00 horas, na Igrexa da Madalena. Farase unha presentación das últimas reescritas por parte do alumnado da Escola Municipal de Teatro de Ribadavia e sen ofrecer a identidade de quen as realizou. Cada persoa do público emitirá un voto secreto respecto á peza que máis lle guste e interese. Entón, da peza elixida procederase a presentar todas as súas versións ata chegar á peza orixinal.

Os dramaturgos galegos que participan nesta primeira edición de DraMITurga son Roi Vidal Ponte, Carlos Labraña e Zé Paredes.

Os dramaturgos/as portugueses son Ricardo Cabaça, Ivo Saraiva e Silva e Mariana Ferreira.

16º Premio Abrente

O veterano certame chega á súa 16ª edición e dará a coñecer a obra premiada deste ano no contexto da MIT 2021, entre o 16 e o 25 de xullo.  Formarán parte do xurado a actriz Rocío González; o dramaturgo e gañador do Premio Abrente 2019, José Luis Baños de Cos; e Anna R. Figueiredo, escritora e vicepresidenta da AELG.

Compartir

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on email

PUBLICIDADE

PUBLICIDADE

Deixar un comentario

Subscríbete

Recibe as novas, artigos, entrevistas e contidos da Erregueté para que non perdas unha!

erregueté en papelSúmate ao movemento #erreguelove!

Por só 20 euros ao ano recibirás dúas revistas coa edición de textos dramáticos