O ciclo Propulsa Danza + Paisaxe + Patrimonio ofrecerá unha trintena de actuacións de danza entre o 2 de xullo ao 29 de agosto en 27 espazos singulares de toda Galicia.
A partir da convocatoria pública que activou a Agadic coincidindo coa celebración do Día Internacional da Danza, seleccionáronse as 23 compañías galegas que, xunto con sete formacións convidadas do resto de España, Francia e Portugal, lle dan forma a esta iniciativa que busca impulsar a danza ao mesmo tempo que promove o patrimonio cultural e paisaxístico galego.
O programa fíxose público onte en Santiago de Compostela, nun acto presentado polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, acompañado por Jacobo Sutil, o director da Agadic, e Manu Lago, representante da produción do programa, así como varias das compañías e artistas participantes.
Entre as compañías e artistas que conforman o programa están La Macana, Colectivo Glovo, Fran Martínez, Pisando Ovos, Elahood, Janet Novás, Cía IO ou Fran Sieira Compañía de Danza; e entre os escenarios escollidos están o Castelo de Monterrei, o Pazo de Oca, na Estrada, ou o Claustro de San Salvador, en Celanova.
Programa completo Propulsa Danza
- O FIOT convoca a décima edición do Certame Metro Cadrado - 04/05/2026
- PAM convida a celebrar o Día da Danza - 28/04/2026
- O Teatro das Cortes acolle a xornada ‘Onde foi Barriga Verde?’ - 24/04/2026



