O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.
Etiqueta: Colectivo Glovo
Xornadas de danza en Lugo
21 de decembro (de 17 a 19 h.): Obradoiro do Colectivo Glovo. Na sala de danza e teatro da USC, para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes. Reserva de praza no correo galiciadanzacontemporanea@gmail.com
22 de decembro: mostra aberta “Fin de residencia artística de MAPA” do Colectivo Glovo. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982 29 7195 ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org
Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia
Teatro Ensalle presenta o programa especial SeisCordas Galicia -dentro da programación do Festival Catropezas-, comisariado por Sólodos coa colaboración de Galicia Danza Contemporánea. Terá lugar os días 25, 26 e 27 de outubro. As compañías participantes de creadoras galegas foron seleccionadas como finalistas nas pasadas edicións do Festival Sólodos En Danza que se celebra en […]
‘Mapa’, do Colectivo Glovo, premiada no Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY.
O Colectivo Glovo, formado pola galega Esther Latorre e o portugués Hugo Pereira, vén de recibir o primeiro premio pola súa coreografía Mapa na segunda edición de “Bailando con Piedras”, a competición de pezas de rúa do Certamen Internacional de Coreografía Burgos – NY. Mapa foi estreada no 2016 en Lados Danza en Valencia e […]
SóLODOS: a Danza invade o Claustro de San Francisco en Ourense
Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Ourense a sétima edición de Danza no Claustro, no Claustro de San Francisco. Este ano preséntanse no festival os traballos de Fran Martínez (Humedales), o Colectivo Glovo (EM·NA), Pájaro Mosca (Los ojos abiertos de ella e Tono, ademais do espectáculo Fronteras y Mujeres realizado coa compañía […]