in ,

As residencias Atopémonos Bailando 2025 dan a coñecer os proxectos seleccionados

A comisión escolleu once propostas para unha edición con marcada proxección internacional

AB 2025 horizontal reducida
Foto da convocatoria de Atopémonos bailando 2025.

O Colectivo Glovo vén de facer pública a resolución das propostas seleccionadas para a nova edición do programa de residencias artísticas e de investigación Atopémonos Bailando 2025, que ten unha marcada proxección internacional e unha forte compoñente colaborativa.

O programa, impulsado por Colectivo Glovo e a Área de Cultura, Turismo, e Promoción da Lingua Concello de Lugo, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Agadic, é unha iniciativa que quere “consolidar Lugo como un punto de encontro para a investigación e creación en danza contemporánea”.

Nesta edición, a cuarta na historia das residencias, medrou o número de proxectos seleccionados e o abano xeográfico dos seus intercambios, sumando novos aliados institucionais no eido nacional e internacional. A convocatoria, dirixida a artistas e compañías das artes do movemento, recibiu propostas procedentes de toda España e Portugal, e culmina cun total de 11 proxectos seleccionados que se desenvolverán ata novembro de 2025. Entre as novidades desta edición, destaca a incorporación do Festival LABO XL (Donostia / San Sebastián) como novo espazo de intercambio dentro do Estado, sumándose aos xa consolidados Taller Nacional de Danza de Costa Rica, teatromosca (Sintra, Portugal), Teatro Experimental Flaviense (Chaves, Portugal) e Quinzena de Dança de Almada.

Os 11 proxectos seleccionados abranguen unha ampla diversidade de perfís, estéticas e procedencias. Desenvolveranse entre o Museo Interactivo da Historia de Lugo – MIHL e os espazos internacionais colaboradores. Todas as residencias inclúen, ademais, accións de mediación cultural abertas á cidadanía lucense “como parte do compromiso de retorno social do investimento público”.

Artistas seleccionados e espazos de residencia

  • Ana Caetano · Portugal – Museo MIHL, Lugo
  • María de Vicente · Galicia – teatromosca (Portugal)
  • La Basal · Madrid – Museo MIHL, Lugo
  • Ana Lola Cosín & Lucas García · Asturias – Teatro Experimental Flaviense, Chaves (Portugal
  • Xián Martínez · Galicia – Museo MIHL, Lugo
  • Natalia Navarro · Madrid – Museo MIHL, Lugo
  • Fran Sieira · Galicia – Festival LABO XL, Donostia
  • Tania González · Asturias – Museo MIHL, Lugo
  • María Ganzaráin & Teresa Magallón · Aragón – Taller Nacional de Danza, Costa Rica
  • Jesús Benzal · Madrid – Quinzena de Dança de Almada, Portugal
  • Jessica Castellón & Boris Orihuela · Cádiz – Museo MIHL, Lugo

A selección foi realizada por unha comisión profesional formada por representantes das entidades colaboradoras internacionais:


Publicidade

  • Alexandrina Martins · Teatro Experimental Flaviense, Chaves (Portugal)
  • Pedro Alves · teatromosca, Sintra (Portugal)
  • Carlota Machado · Quinzena de Dança de Almada (Portugal)
  • Manfred Rivera · Taller Nacional de Danza (Costa Rica)
  • Ana Barrantes e Ion Estala · Festival LABO XL (Donostia)
  • Erick Jiménez e Maruxa Salas · Plataforma SóLODOS (Costa Rica)
  • Esther Latorre e Hugo Pereira · Colectivo Glovo e dirección do programa Atopémonos Bailando

Atopémonos Bailando naceu como “un espazo para apoiar os procesos iniciais de creación na danza, conectando os procesos de investigación coa cidadanía e favorecendo o traballo sostido das compañías”.

O programa estrutúrase arredor de catro grandes eixes:

  • Impulso á creación contemporánea: apoiando artistas emerxentes e consolidados cun espazo e tempo de investigación.
  • Fomento da cooperación internacional: a través de residencias compartidas e itinerarios de intercambio.
  • Proximidade coa cidadanía: mediante actividades de mediación cultural e apertura de procesos ao público.
  • Dinamización local e territorial: conectando Lugo cunha rede de centros culturais de referencia dentro e fóra de Galicia.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Presentación A teteira de Kabul 4

A ESAD acolleu a presentación do texto ‘A teteira de Kabul’, publicado pola erregueté

Desconfigurando o xénero, de Daniel Lezso. Imaxe de Daniela Domínguez.

O Teatro Gorrilla celebra unha nova edición