O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.
Etiqueta: Fran Martínez
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
SóLODOS: a Danza invade o Claustro de San Francisco en Ourense
Os días 21 e 22 de xuño celébrase en Ourense a sétima edición de Danza no Claustro, no Claustro de San Francisco. Este ano preséntanse no festival os traballos de Fran Martínez (Humedales), o Colectivo Glovo (EM·NA), Pájaro Mosca (Los ojos abiertos de ella e Tono, ademais do espectáculo Fronteras y Mujeres realizado coa compañía […]
Pisando Ovos estrea ‘Directo 9’ no Teatro Ensalle
O mércores 3 de outubro a compañía Pisando Ovos estrea o seu novo espectáculo Directo 9. Dirixido por Rut Balbís e con unha renovada formación en escena cos bailaríns Fran Martínez, Raúl Pulido e Laura Villanueva, o espectáculo poderá verse na sala viguesa ata o sábado 6 de outubro. Directo 9 é unha conversa entre […]
III edición do festival herDanza en Compostela
Obradoiros formativos, proxeccións, residencias creativas, conversas con profesionais e espectáculos de pequeno e mediano formato en rúas e espazos abertos da cidade: esa é a oferta que o festival herDanza presentará do 3 ao 8 de setembro en Compostela. O festival comezará oficialmente o día 3 de setembro cunha presentación do programa na Casa do […]
La temperatura. El temperamento
Dor e amor | Afonso Becerra de Becerreá | A danza, como movemento puro, adoita ser, na súa presenza, máis icónica que simbólica. No entanto, se se lle enxerta a polifonía informativa propia da teatralidade, a base de elementos que conlevan unha temperatura semántica, entón prodúcese un híbrido que tamén fai danzar significados. Velaí […]