in

O CCG coproducirá as novas pezas de Elahood, Nova Galega de Danza e Colectivo Glovo

Atopemonos Bailando Lugo Elahood |
'Impermeable', de Elahood. Imaxe de Manu Lago.

Os novos espectáculos de danza Nó, da compañía Elahood; Credo, de Nova Galega de Danza, e Tabú, de Colectivo Glovo, serán coproducidos polo Centro Coreográfico Galego (CCG), segundo recolle a resolución publicada na web da AGADIC.

As pezas foron seleccionadas no proceso aberto en febreiro para a contratación de tres coproducións co Centro Coreográfico Galego (CCG), ao que se presentaron 18 propostas. A achega prevista para o conxunto dos proxectos ascende a case 54 000 euros, dos cales e Tabú recibirán 18 000, o máximo previsto na convocatoria, e Credo,
17 841. Ademais do apoio económico, as compañías disporán das instalacións do CCG, na Coruña, para ensaios e montaxes. Os espectáculos deberán exhibirse nun prazo máximo de 12 meses a partir da formalización do contrato, cun mínimo de dúas representacións, ademais da estrea e das actuacións nalgunha das redes de distribución cultural xestionadas pola Xunta.

Propostas de danza urbana e itinerante

, de Elahood, é unha proposta de danza urbana con creación contemporánea que centra a súa investigación arredor do concepto do nó, como principio fundamental de coherencia. Este concepto funciona como unha columna vertebral para tecer un conxunto de escenas e atmosferas, nunha viaxe que explora os diferentes espazos que ocupan os nós na realidade actual. Julia Laport e Sabela Domínguez interpretan a peza, da que tamén son responsables da dirección e da coreografía, xunto a Aina Lanas e Kenrick Sandy. A iluminación está a cargo de Afonso Castro.

Pola súa beira, o proxecto de Nova Galega de Danza, Credo, é unha peza itinerante concibida para a súa representación en espazos naturais do territorio galego, concretamente nos cruces de camiños, sinalados cos cruceiros que salpican a paisaxe de Galicia. Trátase dunha viaxe interior que toma a poética de Celso Emilio Ferreiro como referente artístico e conceptual, e que quere representar a andaina vital do ser humano a través do movemento, a exploración e a posta en dúbida dun mesmo e da realidade.

Con dirección artística de Jaime Pablo Díaz e coreografía de Fabián Thomé, será interpretada por Inés Vieites, Estefanía Gómez, Uxía Rivas, Pablo Sánchez, Iván Villar e Ricardo Fernández. Sergio Moure de Oteyza é o responsable da composición musical e Xan Domínguez e Fernando Ontañón, dos textos e a dramaturxia.


Publicidade

Realidade galega de comezos do século XX

Tabú, do Colectivo Glovo, parte da memoria desde o punto de vista histórico, social e costumista da realidade galega dos anos 20 do pasado século. O proxecto inspírase nunha fotografía pertencente ao arquivo de Allariz, na que un grupo de mulleres vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol pertencen en realidade a unha comparsa de Entroido de 1925. Así, o espectáculo parte dos testemuños de parentes das mulleres da imaxe e do Entroido como eixes, co obxectivo de amosar a fortaleza, a emancipación e a aparencia como posibilidade de futuro.

Esther Latorre e Hugo Pereira dirixen a peza, que tamén interpretan xunto a Sybila Gutiérrez, Clara Ferrao e Fran Martínez. A iluminación correrá a cargo de Pedro Fresneda e Lucila Celano encargarase do espazo sonoro.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Estrela do día 2

Galicia Escena PRO 2021 exhibirá 18 espectáculos galegos e presentaranse 12 máis en formato ‘pitching’

Imaxe artigo Por entreter tampouco pasa nada |

Por entreter tampouco pasa nada