Colectivo Glovo

EM·NA

EM·NA é a segunda peza do Colectivo Glovo de Lugo, formado por Esther Latorre (Lugo, 1990) e Hugo Pereira (Porto, 1994). Estreouse no Teatro Ensalle de Vigo, dentro do Festival Isto Ferve, o 26 de marzo de 2021, e puido verse tamén, nesa fin de semana, o 27 e o 28. EM·NA estivo en residencia na sala viguesa, onde Pedro Fresneda incorporou a acción lumínica. Un deseño de luz que redondea e amplifica aínda máis ese sentido dramatúrxico relacionado coa vibración e pulsado pola coreografía e polo envolvente espazo sonoro, que xera a música de BabyKatze.

Colectivo Glovo EM·NA

Colectivo Glovo presenta no Ensalle ‘EM·NA’, a súa nova peza

Colectivo Glovo ennmarca este traballo nunha “fisicalidade contemporánea, espida, crúa e cotiá”, e recoñecen nela unha forte influencia do mundo e espíritu xaponés. “A peza busca entretecer a orde, o caos, a pasividade e o eco da mente proxectado no corpo cambiante. Un ‘momentum’ sobre o tan chea e desbordada que está a mente humana e a necesidade do silencio”.

Mapa | Colectivo Glovo

Mapa

O público aplaude intensamente. A escena, os aplausos, repítense, si, coma se a potencia dun corpo que danza espertase a nosa, coma se a nosa man tocase o aire coa man de Hugo. Coma se esa ave que formaron entre os dous axitase as ás para mover algo dentro de nós, coma se só o corpo puidese facelo: desenrolar o espazo.

Colectivo Glovo

Xornadas de danza en Lugo

21 de decembro (de 17 a 19 h.): Obradoiro do Colectivo Glovo. Na sala de danza e teatro da USC, para todos os públicos, cun máximo de 10 participantes. Reserva de praza no correo galiciadanzacontemporanea@gmail.com

22 de decembro: mostra aberta “Fin de residencia artística de MAPA” do Colectivo Glovo. Patio do Vello Cárcere. Para todos os públicos e con reserva de praza no teléfono 982 29 7195 ou no correo vellocarcere@concellodelugo.org