in ,

Colectivo Glovo celebra o Día da Danza estreando ‘Alleo’

Alleo colectivo glovo
'Alleo', do Colectivo Glovo

O proxecto de difusión da danza posto en pé pola Deputación da Coruña, ESCORA, conta coa estrea absoluta do espectáculo Alleo de Colectivo Glovo. Será o 24 de abril en Caión e Malpica de Bergantiños onde a compañía afincada en Lugo presente a súa nova peza por primeira vez ante o público.

O espectáculo, que conta con Esther Latorre e Hugo Pereira, se basea na idea da atalaia e na posición privilexiada destas torres e de quen desempeñaba o papel da vixilancia. “Habitamos ambos corpos: o poder que outorgaba o coñecemento do descoñecido e do que estaba por vir así como a soidade desa posición e do peso do descubrimento do alleo”, sinalan dende a compañía.

“Todo comeza alí arriba, onde atisbamos o que acontece e se rexistra o alleo do campo e do mar. Desde a miña posición apréciase a verdade; a torre é calida, é laranxa. Os raios de sol fúnden-se nas fisuras e rompen baixo pedras rotundamente terrenais. Aquela ardente soidade, queima e destrue o privilexio do atisbo deixándonos no abandono ante a eterna inmensidade”, describe a sinopse do espectáculo.

Publicidade

 

Celebrando a danza no ESCORA

O proxecto ofrece tres días cheos de danza, con intervencións nas mañás e nas tardes, convidando aos públicos a facer unha ruta pola Costa da Morte, comezando en Fisterra o venres 22 de abril pola mañá e rematando en Malpica de Bergantiños o domingo 24 de abril pola tarde. Clara Ferrao, Colectivo Glovo, Elahood, Eva Comesaña, Kirenia Danza e Marcia Vázquez son as compañías escollidas para mostrar o seu traballo en comuñón coa paisaxe e o patrimonio.

Os espazos escollidos son non convencionais, xerando a oportunidade de achegar a danza ás prazas, á rúa, á pedra, con vontade de presentar unha programación de proximidade para públicos diversos. Seguindo esta intención, unha vez rematadas as intervencións artísticas, haberá un encontro coas artistas e co público, un espazo de intercambio e proximidade mediado por Marcia Vázquez e Sabela Ramos.

Ademáis de Colectivo Glovo, tamén forman parte do programa a galardoada peza Intempestiva, da compañía Elahood e E_migrantas de Kirenia Danza, ambos espectáculos atenden ás raíces da nosa terra galega, cunha achega á figura de Xela Arias e un retrato da emigración da última diáspora galega respectivamente, ambas compañías veñen da zona da Coruña e Oleiros. Dende Vigo contamos cos espectáculos Onde pousa a humidade de Marcia VázquezMiña Xoia de Clara Ferrao e Terra Firme de Eva Comesaña, tres solos de danza creados e interpretados por mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Calixto Bieito ERRESUMA KINGDOM REINO

Calixto Bieito chega á Coruña cun Shakespeare e con José María Pou como protagonista

Imaxe dunha parede cun graffiti. Por Andreas Fickl.

En primeira liña de pensamento