- O festival de danza e artes do movemento Abanea celebra a súa quinta edición - 09/07/2026
- Sete persoas e entidades foron distinguidas nos IV Recoñecementos de Escena Galega das Artes Escénicas - 07/07/2026
- Moaña acolle a primeira edición do Festival Internacional das Culturas Mar da Illa de Samertolameu - 03/07/2026
in Novas
As coreografías de Alejandra Balboa, Elahood e Marcia Vázquez foron premiadas no Festival DZM de Cáceres

A IV Plataforma Diálogos Contemporáneos do Festival DZM para novas intérpretes e coreógrafas de Cáceres, celebrados os días 27 e 28 de novembro na Plaza de San Jorge, premiou as 3 pezas galegas finalistas. Intempestiva, de Elahood levou o premio á mellor peza, o Premio Gatadans, e o Premio da programación de Pepa Cases;
Vertebrata, de Alejandra Balboa, levou o Premio á mellor intérprete e o premio da programación de Pepa Cases; e Onde pousa a humidade, de Marcia Vázquez, levou o premio da programación de Pepa Cases e unha mención especial pola valentía á hora de visibilizar o local e mostralo lonxe.
Pola súa banda, SóLODOS outorgou o seu premio de programación á peza de Indalecio Séura, Dormu, que se poderá ver en Galicia o próximo verán.
Latest posts by Redacción (see all)


