in

Volven a Lugo os Microefectos Dramatúrxicos

Microefectos scaled |

O Clube Clavicémbalo de Lugo acolle mañá, o venres e o sábado os Microefectos Dramatúrxicos, en pases de 20:30 e 22:30. Regresan logo de tres meses dende a sesión de setembro, a primeira dende a parada por mor da pandemia.

Nesta sesión representaranse catro pezas novas do grupo, que cumpriu oito anos en maio, duns quince minutos de duración: Fartura, escrita e dirixida por Conchi Madrina, que tamén actúa, xunto con Brais García e Anxo Manoel; Inventario, escrita e dirixida por María Grandío, e interpretada por ela, xunto con Raquel López, Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Elvira Velasco; Alors on Dance, escrita e dirixida por Anxo Manoel, na que actúan María Grandío, Conchi Madrina e Brais García; e Farsa da señoritinga e o caballerete – Un conto de Nadal, escrita e dirixida por Elvira Velasco e interpretada por ela e Anxo Manoel.


Publicidade

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Ensaio NGD IgnacioUrrutia 03 |

Nova Galega de Danza estrea ‘Credo’

Elahood Festival DZM |

As coreografías de Alejandra Balboa, Elahood e Marcia Vázquez foron premiadas no Festival DZM de Cáceres