in

O Colectivo Glovo presenta ‘Tabú’ no Teatro Ensalle

GLOVO |
Imaxe de Carlota Mosquera

O Colectivo Glovo presenta mañá no Teatro Ensalle de Vigo, ás 20.00 horas, a peza Tabú, financiada pola Xunta de Galicia a través do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego e polo Concello de Lugo. Os pases desta nova obra creada por Esther Latorre e Hugo Pereira, que tamén comparten escena con Clara Ferrão, Sybila Gutiérrez e Fran Martínez, continuarán o sábado 2 e o domingo 3 no mesmo horario.

Tabú parte dunha fotografía, a fotografía que os integrantes do colectivo encontraron un día de agosto de 2020 no centro de Allariz, no cruzamento entre as rúas da Cruz e Fonteiriña. Datada no 1925 e con autoría de Manuel Riesco, nela vese un conxunto de mulleres, vestidas coas camisolas de dous equipos de fútbol: o Arnoya de Allariz e o Celanova, con actitude desafiante e seria, e recollidos estilo Belle Époque, baixo o título Equipo de fútbol feminino no vello campo de Vilanova’”, contan Esther e Hugo. A fotografía, das primeiras dun equipo de fútbol feminino e pertencente ao Arquivo Municipal de Allariz, fixo que se preguntasen quen eran esas doce mulleres, que fora delas ou que sucedera nese partido. Tabú naceu para buscar as respostas, nunha viaxe sen retorno a través da danza na vida destas pioneiras.

Tabú conta no deseño de iluminación con Pedro Fresneda; no espazo sonoro, con BABYKATZE; no vídeo, con Dani Rodríguez; na fotografía, con Carlota Mosquera; no deseño de imaxe, con Paulina Funes e no vestiario, coa colaboración de Adolfo Domínguez. Como técnico en xira, acompaña a peza Jaume Blai, e Manu Lago (Galicia Danza Contemporánea) leva o apoio en xestión e o deseño gráfico e web.


Publicidade

Ademais das coproducións, a peza contou co apoio do Teatro Ensalle, INAEM, Concello Lugo, Museo MIHL, Concello Allariz, A Casa Vella, Galicia Danza Contemporánea e a Escola Palimoco.

O Colectivo Glovo nace no 2016 baixo a dirección de Esther Latorre e Hugo Pereira. Compañía residente en Galicia dende 2019, Glovo persegue a investigación das novas expresións escénicas partindo do propio corpo sen límites establecidos. De forma paralela, a compañía busca achegar semente ao tecido artístico presente na comunidade xerando espazos de colaboración con outras agrupacións e artistas, non só en Galicia senón cunha proxección internacional notable, facendo especial fincapé no interese pola eliminación da barreira cultural invisible entre Galicia e o norte de Portugal. Dende a súa fundación no 2016, Colectivo Glovo percorreu diferentes países coma España, Portugal, Italia ou México, entre outros, e recibiu numerosas mencións e galardóns en festivais internacionais.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

'Ningún hombre me llevará a la cumbre' de Celeste González

‘Ningún hombre me llevará a la cumbre’ Releitura queer um ano depois

teatropano |

Ultimamente non vou moito ao teatro