in ,

O FIOT despide a súa 35ª edición

Coa programación da súa sexta e derradeira semana

A compañía Titzina
A compañía catalá Titzina iniciará no festival a xira estatal de 'Disección de la bondad en tres actos'. Fonte: FIOT.

O Festival Internacional Outono de Teatro, FIOT, de Carballo, está a desenvolver a sexta e derradeira semana de programación da súa 35ª edición. Estes días estarán marcados “pola diversidade de linguaxes, a presenza de grandes nomes da escena e o apoio á creación contemporánea”. Dende hoxe, xoves, 29 de outubro, ao sábado, 31 de outubro, o festival reunirá dúas propostas destacadas: Disección de la bondad en tres actos, da compañía Titzina, que iniciará en Carballo a xira estatal da súa nova montaxe, e La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús, a estrea en Galicia do novo espectáculo de Rafael Álvarez, El Brujo.

Hoxe, ás 20:00 horas, arrancou no Pazo da Cultura de Carballo a recta final desta edición do FIOT cun encontro de Titzina con Daniel Galindo, xornalista cultural e director do programa La Sala, de RNE, no marco de Onda FIOT – Escola do Espectador nas Ondas. Mañá, venres, a compañía catalá presentará, tamén no Auditorio do Pazo da Cultura, a súa nova creación, ás 21.00 horas, “unha farsa en tres actos que explora os mecanismos da bondade, o engano e a construción da verdade”. O sábado, día 31 ás 20.00 horas, será a quenda de El Brujo, que pechará o Programa de Sala “cun monólogo no que dialogan os evanxeos, a filosofía oriental e a tradición do ioga”. A programación completarase cun novo espazo de encontro entre público e compañía.

Paralelamente, o FIOT acollerá una nova actividade sectorial no marco de festival: unha reunión da comisión artística da Rede Galega de Teatros no FIOT, que se levará a cabo en Carballo mañá, venres 30, convocada pola Agadic, coa participación da directora artística do FIOT, Carmen Castro, integrante da comisión.

Ademais,  o público poderá visitar no Pazo da Cultura as exposicións Zoom FIOT 2025 e Manuel Lourenzo. A pegada que continúa, abertas de 17.00 a 21.00 horas. A primeira recupera a memoria visual da pasada edición do festival a través das imaxes que documentan espectáculos, artistas e momentos compartidos co público. A segunda rende homenaxe a Manuel Lourenzo, figura fundamental do teatro galego contemporáneo, e convida a descubrir a pegada artística e humana dun creador que marcou varias xeracións da escena galega.

Redacción

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Carles Alberola. Foto: María Llopis.

‘Lágrimas de mármore’ do valenciano Carles Alberola gaña o LI Premi Born de Teatre 2026