in ,

Kirenia Danza estrea ‘Primeiro a vida!’ en Oleiros

Kirenia Danza
Imaxe de Kirenia Danza

A peza, dirixida por Kirenia Martínez e interpretada por Esther Latorre e Xoel Álvarez, estréase mañá venres, día 23, no Auditorio ‘Gabriel García Márquez’ de Oleiros.

Despois de E_migrantas, a compañía Kirenia Danza presenta este venres 23 de abril unha nova entrega da súa triloxía sobre os vulnerables: Primeiro a vida! A peza, interpretada por Esther Latorre e Xoel Álvarez, e dirixida por Kirenia Martínez, estréase no Auditorio ‘Gabriel García Márquez’ de Oleiros ás 20.00 h. As entradas están á venda unha hora antes do espectáculo na billeteira do Auditorio.

O equipo de Primeiro a vida! complétase co Branca Novoneyra na escrita, o vestiarista Jandro Vila, os compositores LLXANTO e Bruno Baw, o deseñador gráfico Niko Alvarellos e Uxío Novo en labores de produción.

94B1DBB0 C973 4C36 B672 34707DAE9146 scaled |

Primeiro a vida!

Os coidados están hoxe no centro, agora son visibles, mais sempre foron imprescindibles para manter a vida. Somos vulnerables, estamos sempre expostos e precisamos doutros corpos que nos apoien durante a nosa vida. O corpo fala da vulnerabilidade, escríbea con xestos e desprazamentos, en toda manifestación que sostén. Precisamos dos coidados dos outros para manternos con vida xuntos en comunidade. Esta peza é un eloxio dos coidados, é dicir, tecemos o coidado en movemento e os corpos danzan unha antiga reivindicación que demanda ‘Primeiro a Vida’ ou ‘Antes a Vida’ ou ‘Elixir a Vida’; tres posibles traducións do verso de André Bretón, transformado nun lema nos antigos muros durante o Maio de 1968 en Francia.

Fronte a explotación, a precariedade e a morte que trouxo a pandemia, nós eliximos coidarnos e proclamamos: Primeiro a vida!


Publicidade

Equipo técnico e artístico

Coreografía e dirección: Kirenia M. Acosta
Asistencia coreográfica: Branca Novoneyra
Escrita: Branca Novoneyra, Esther Latorre e Xoel Álvarez
Equipo artístico: Esther Latorre e Xoel Álvarez
Espazo lumínico: RTA
Espazo sonoro: Bruno Baw e LLXNTO
Vestiario: Jandro Villa
Deseño gráfico: Niko Alvarellos
Produción: Uxío Novo
Asistencia de produción: Artestudio Xestión Cultural
Distribución: Kirenia Danza e Artestudio Xestión Cultural

Primeiro a vida! conta coa axuda á creación escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Residencias Paraíso

As Residencias Paraíso 2021 acollerán oito proxectos de artes vivas

6coreógrafas

6coreógrafas: fin de semana de danza na Estrada