Escena Galega manifesta a súa preocupación polas medidas restritivas que afectan ás artes escénicas

Escena Galega, a principal asociación galega de empresas de Artes Escénicas, vén de facer público un comunicado no que amosa “a súa fonda preocupación e estrañeza” polas medidas, “absolutamente restritivas”, que se están a implementar para o sector das artes escénicas na actual situación socio-sanitaria derivada da Covid-19.   A asociación cre que, nas circunstancias […]

Inícianse as accións formativas do Plan de reactivación do sector cultural

As actividades, presenciais e en liña, desenvolveranse durante este segundo semestre, cunha especial atención á adaptación das empresas, escénicas, audiovisuais, musicais e de servizos á situación provocada pola covid-19   A Xunta de Galicia anunciou onte un investimento 88.000 euros nunha trintena de iniciativas de formación continua e capacitación profesional no marco do seu Plan de reactivación […]

As artes escénicas, as máis afectadas pola crise derivada da pandemia da Covid-19

O Consello da Cultura Galega publicou hoxe os resultados do primeiro Barómetro da Cultura Galega, un amplo estudo que analiza o impacto da pandemia da Covid-19 no ámbito das empresas culturais galegas. Os datos revelan a gravidade da situación: as empresas experimentaron unha caída da facturación de máis dun 50% dos seus ingresos anuais, un […]

A AAAG alerta de que o regreso á actividade escénica lévase a cabo sen garantías sanitarias

Segundo a AAAG, a Xunta de Galicia, que recobrou as competencias en materia sanitaria, está a fomentar a recuperación da actividade escénica sen desenvolver previamente os protocolos hixiénico-sanitarios que se anunciaban no seu cuestionado ‘Plan de Reactivación dos sectores turístico e cultural’.   A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que […]

A crise causada pola pandemia de Covid-19 afecta máis á cultura que a outros ámbitos económicos

O Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG), acaba de facer pública a “Conxuntura estatística do ámbito cultural”, actualizada a día de hoxe e na que cuantifica o impacto da crise da Covid-19 no ámbito cultural. 667 empresas do sector cultural solicitaron un ERTE; perdéronse 1.002 cotizantes, o que supón […]

O INAEM fai pública unha Guía de Boas Prácticas para o reinicio da actividade escénica

O INAEM ven de facer pública unha Guía de boas prácticas para o reinicio da actividade escénica e musical -creada a partir das achegas de distintas asociacións do sector- na que inclúe medidas e recomendacións para retomar a distribución de espectáculos tras a crise sanitaria da COVID-19.   Con este documento quérese ofrecer ás institucións culturais, […]

O sector audiovisual galego amosa a súa desconformidade co Plan de reactivación da Consellería de Cultura e Turismo

Nun comunicado feito público hoxe, estas entidades sinalan que o programa de reactivación pon o foco no turismo e relega a un plano secundario ao sector cultural.   As Asociacións representativas do tecido profesional e empresarial que forman a base do sector audiovisual galego, nomeadamente: Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG,) Academia Galega […]

A Asociación de Escritores rexeita participar no Plan de Reactivación da Xunta

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo público un comunicado no que critica as medidas do plan de reactivación cultural presentado pola Xunta de Galicia e rexeita participar nel.   “Esta posición”, di o comunicado, “emana do convencemento de que estamos ante un plan que non vai redundar en beneficio da cultura galega, nomeadamente da […]