in

Comeza a cuarta edición do festival Corufest

Corufest
Imaxes de Carlota Mosquera

Unha programación de accións con contido LGTBIQ+ encherán os principais espazos culturais da cidade da Coruña do 22 ao 30 de maio.

Tras unha exitosa terceira edición marcada pola pandemia do Covid-19, o Corufest regresa a semana do 22 ao 30 de maio, co apoio do Concello da Coruña. Unha semana de programación, con accións e propostas en diferentes ubicacións culturais propias do Concello (teatros, bibliotecas, etc.) para reflexionar e visibilizar a liberdade afectivo-sexual.

O Corufest non só promove o talento local, senón que tamén achega á cidade a artistas de enorme éxito nacional e internacional. Dous dos pratos fortes desta edición serán a xornalista e escritora Valeria Vegas, popular polo seu libro ¡Digo! Ni puta ni santa. Las memorias de La Veneno, biografía levada á televisión recentemente xunto a Javier Ambrossi e Javier Calvo; e o espectáculo Yo soy el que soy, baseado na biografía do violinista profesional Aaron Lee.

Publicidade

Tránsitos, espectáculo escrito polo actor David Teixidó, inaugura a primeira semana do Corufest. Unha unión de vivencias reais que transitan por cinco procesos de extrema urxencia na actualidade, entre os que se atopan o VIH, o cancro, a vellez e as feridas da resiliencia.

Corufest contará tamén co show de Samantha Hudson, diva queer cun gran éxito nacional, considerada para moitos a voz da xeración Z, que acaba de lanzar o single Dulce y bautizada.

Como novidade, na cuarta edición do Corufest incorporase a sección Xanelas. Tres días de coloquios inspirados, cada un deles, nunha temática: sexualidade, igualdade e identidade. Un espazo de reflexión e un foro onde divulgadores referenciais de ámbito estatal, invitados internacionais e figuras de actividade propia do espazo máis local daranse cita e expoñerán vivencias, opinións e pensamentos.

Outras producións previstas para esta edición serán Hoy puede ser mi gran noche, de Teatro en Vilo; o recente traballo de danza contemporánea Perro, do bailarín Daniel Abreu, que ademais impartirá dúas prácticas de movemento no Ágora, en colaboración con TRCDanza. E, como clausura do Corufest, unha acción poética mesturada con humor e música de carácter transgresor da man de Lucía Aldao e María Lado (Aldaolado).

O festival

O Corufest nace na Coruña en novembro de 2018 como un festival de artes escénicas que aposta pola programación de accións que promoven a visibilidade da liberdade afectivo-sexual e preséntase como un lugar de reflexión, diálogo cultural e inclusión social.

Co apoio do Concello da Coruña e dos principais axentes culturais dos espazos propios do municipio, os directores do festival, Xosé Leis e Gustavo del Río, apostan por incorporar ás xa habituais citas de música, teatro e danza, artes plásticas, escrita e cinema. Todas elas con contido LGTBIQ+.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Lara Hierro en FIOT en pausa

Convocado o V Certame de Micro-Escenas Metro Cadrado do FIOT

Festival de Almada

Confirmadas as primeiras actuacións do 38º Festival de Almada