Alén é a primeira obra de longa duración d’A Formiga, unha comedia negra sobre o tema negro por excelencia: a morte. Un velorio e dous irmáns que se enfrentan a ela dende dous puntos de vista moi diferentes, o tradicional e o máis moderno e aséptico. A raíz do falecemento da súa nai, os dous personaxes trasladan ao público algunhas das súas inquedanzas sobre a materia, como se existe un máis alá ao que ir unha vez finados ou a quen modifica máis a morte, ao que marcha ou ao que queda.
Etiqueta: Gustavo del Río
Os Náufragos Teatro estrea ‘Karelu’ na Coruña
A compañía Os Náufragos Teatro estrea este sábado 13 de abril, ás 20:30, no teatro Rosalía de Castro da Coruña, a súa nova montaxe, Karelu, de Gustavo del Río e Ismael Gil Candal. Os Náufragos Teatro continúa o traballo de anteriores montaxes colaborando cun equipo artístico estable que lles acompaña dende os seus comezos como compañía […]