in ,

O bullying sobe a escena en ‘Mosca’ de Ártika Cía e Gustavo del Río

O Teatro Rosalía da Coruña acolle a estrea de ‘Mosca’ o venres 13 de xaneiro

Mosca de Artika Cia con Fernanda Barrio Martin Maez e Rocio Salgado
Fernanda Barrio, Martin Maez e Rocio Salgado en 'Mosca'.

O próximo venres 13 de xaneiro ás 20:30, a compañía Ártika CIA, estrea o novo espectáculo Mosca, no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. A nova produción da compañía viguesa está dirixida por Gustavo del Río e fala sobre o acoso escolar a través dun “xogo de nenos que pode converterse nun pesadelo”. O elenco está formado por Fernanda Barrio, Martín Maez e . A escenografía vén asinada por Gustavo Brito e a iluminación por Javier Quintana.

A obra somérxese na vida de Pedro, un neno de once anos que sofre acoso escolar homófobo e vive no temor, nos prexuízos e o non saber que facer para solucionalo. O protagonista vese reflectido nos ollos da súa nai, o seu pai e a súa profesora en calquera instante da peza.

O acoso escolar é un dos problemas graves que a nosa sociedade está a sufrir actualmente e Ártika CIA enfróntase a el centrando o proxecto no entorno do menor a través da súa  familia e da escola. A impotencia de non saber que facer, a falta de  información, o non detectar o problema a tempo, a ausencia, o amor, a compaixón, o acoso…

Publicidade

Ártika Cía quere seguir investigando con temas que son pouco visibles cunha aposta que parte dun texto de Gustavo Del Río () para levar á escena realidades que son moi próximas pero das que debemos continuar expoñendo.

Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

GIPHY App Key not set. Please check settings

    Relato para un incendio por aAntena

    ‘Relato para un incendio’: unha historia de piromanía e bruxería

    microefectos dramaturxicos

    Microefectos Dramatúrxicos celebra 10 anos apostando polo microteatro lucense