A sexta edición do Festival Pequeártiko arranca o día 19 de decembro ata o 3 de xaneiro e contará con nove espectáculos para os máis pequenos e público familiar.
Etiqueta: Fernanda Barrio
Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego
En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.