in

Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

Cambio de Foco | CDG e Sala Ártika

Será este venres 4 de decembro ás 20:30 h., con funcións o sábado 5 ás 20:30 h. e o domingo 6 ás 20:00 h. na sala emprazada no 113 da Avenida Beiramar de Vigo.

Enmarcado dentro da aposta do Centro Dramático Galego (CDG) para coproducir tres montaxes en tres espazos creativos da cidade de Vigo, estrease esta fin de semana Cambio de Foco, o proxecto de investigación da Sala Ártika. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.

En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público, o que permitirá coñecer como percibe cada espectador as diversas pezas que o componen. O único común das tres son a liberdade creativa e o emprego do conto Sapatos de tacão alto, de Mia Couto, como punto de partida. O texto do autor mozambicano aborda a cuestión dos estereotipos de xénero e, a súa vez, actitudes desviadas das conductas preestablecidas pola heteronormatividade. Os diferentes grupos de teatro que integran este proxecto abordarán , cada un deles e dentro do seu estilo, esta temática.

Ocúpanse da dirección e da dramaturxia Marcos Alonso, Alfredo Rodríguez e Rafael Rey, que traballan baixo a coordinación xeral de Anxo Fernández. O elenco está formado por Rocío Salgado, Martín Maez, Fernanda Barrio, Olga Cameselle, Alfredo Rodríguez, Rafael Rey, Mathías Rodríguez, Carlos Gallardo e Tomé Mouriño.


Publicidade

Como engadido, realizaranse coloquios despois de cada función coordinados pola asocación galega LGTBIQ+ Pvlse Vigo sobre diversidade, identidade, roles e expresión de xénero. Ademais, as espectadoras e espectadores serán parte fundamental do proxecto ao ter que encher unha pequena enquisa coa fin de completar un estudo de público.

As entradas están á venda de forma anticipada a través da web www.artikavigo.com até unha hora antes de cada sesión (10 € máis gastos de xestión). Tamén estarán dispoñibles no despacho de billetes da propia sala (14 €).

Máis información na web do Centro Dramático Galego.

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Brumario | Javier Martín

‘Brumario’ de Javier Martín e Vertixe Sonora no MIHL Sons-XXI en Lugo

Esther Carrodeguas, dramaturga

Esther Carrodeguas formará parte das residencias dramáticas do CDN