Acórdaste, da última vez que deches/recibiches un abrazo? O último espectáculo de Provisional Danza, motor creativo da bailarina Carmen Werner, reflexiona sobre o amor e o cariño a través dos corpos de Leyson Ponce e da propia Werner na escena.
Etiqueta: Sala Ártika
Lacura
Lacura, de Bibiana Monje, é un espectáculo onde non hai concesións. A actriz íspese con naturalidade e mostra os secretos que lle apetece. Non hai piedade, tampouco, para con ela mesma. Mais esta falta de piedade está adozada coa mirada da que sabe do que fala. Da que sabe dos seus demos e é quen de conversar con eles de fronte.
La excepción y la regla
Catalina Lladó dirixe unha peza que chama explicitamente a cuestionarnos a ambición do ser humano, a súa mesquindade, a inxustiza, a lealdade… A montaxe de Lladó non ofrece dobreces nos personaxes: os malos son malos e os bos son bos.
STRPTS // Fin de tempada
Se cadra, a historia que nos propoñen é o menos importante unha vez atendemos ao despregue de medios e ao discurso metateatral. Aínda así, o certo é que Cinema Sticado logra meterme como espectador na trama e atender ao mundo psicodélico de Mirlo e Rula e o seu maletín con poderes extraordinarios, esquecendo un tanto a tecnoloxía que o rodea. O feito de que a historia estea manipulada por unha elite, non deixa de abondar na súa proposta de facer explícitos o xeito no que a humanidade se move coma unha marioneta, sen darnos conta.
Vinte e case non dou creto (parte I)
Se a cultura é un servizo público, dentro do cal as artes escénicas son unha das súas manifestacións máis senlleiras, delicadas, vulnerables e actuais, en Galiza as administracións públicas non acaban de ter á súa fronte gobernantes que demostren estar á altura do lexítimo e do xusto. Por suposto, hai excepcións, pero a verdade é que o panorama neste 2020 non acaba de demostrar que teñamos persoas cultas nos postos de goberno das diferentes administracións.
VI Festival Pequeártiko: un Nadal para os máis pequenos na Sala Ártika de Vigo
A sexta edición do Festival Pequeártiko arranca o día 19 de decembro ata o 3 de xaneiro e contará con nove espectáculos para os máis pequenos e público familiar.
El diablo en la playa
Con El diablo en la playa, Matarile segue a coñecida liña de creación de Ana Vallés, fundindo persoas con personaxes, luces e vibracións sonoras, nunha atmosfera (firmada co selo indiscutible de Baltasar Patiño) que por momentos parece sacada dun soño, deixando imaxes marcadas na retina. Dalgún xeito, esta peza continúa o camiño de investigación trazado pola súa peza anterior, Daimon y la jodida lógica, mais, se na anterior atopabámonos co demo que cada un de nós leva dentro, nesta podemos observar o propio e mesmo inferno.
Matarile presenta ‘El diablo en la playa’ na sala Ártika de Vigo
Trala gran acollida de DAIMON y la jodida lógica nun ano marcado pola pandemia, a compañía de Ana Vallés e Baltasar Patiño trae a Vigo a súa creación número trinta, El diablo en la playa. A sala Ártika acolle no seu espazo da Avenida Beiramar o novo espectáculo de Matarile Teatro os días 11, 12 y 13 de decembro. Unha peza que foi estreada o pasado outubro no Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO.
Ártika estrea ‘Cambio de Foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego
En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.
Here Comes Your Man
Anunciada coma unha montaxe que relata, de xeito cru e explícito, as consecuencias do acoso escolar pola orientación sexual, a peza céntrase no encontro de dous homes que foran compañeiros de colexio.
O CDG coproduce tres montaxes con tres espazos creativos de Vigo
O Centro Dramático Galego (CDG) participa na produción dos tres vindeiros espectáculos doutros tantos espazos creativos e compañías no ámbito teatral que traballan na cidade de Vigo: Nononon.lab coa montaxe de Clásicas desfeitas, Teatro Ensalle con Outras miradas e Sala Ártika con Cambio de foco. Nononon é un novo espazo de creación e investigación […]
Chévere estrea en Vigo ‘As Fillas Bravas e o Mito de Casandra’
A obra poderá verse os días 11, 12 e 13 de setembro na Sala Ártika de Vigo, e xirará posteriormente por Galicia. Chévere estrea esta fin de semana na Sala Ártika de Vigo un novo espectáculo que busca concienciar a poboación sobre o impacto do cambio climático. A obra, titulada As Fillas Bravas e […]
As salas alternativas centraranse no apoio á creación até setembro
As salas pertencentes á estatal Red de Teatros Alternativos –entre os que se atopan o Teatro Ensalle e a sala Ártika de Vigo– centrarán os seus esforzos até setembro no apoio aos procesos de creación e na adaptación dos espazos ás novas condicións de exhibición. As salas que integran a Red de Teatros Alternativos […]
Concedidas as axudas a salas privadas de artes escénicas
As salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro del Andamio e Gurugú da Coruña integran automaticamente a Rede Galega de Salas en calidade de beneficiarios destas subvencións. As salas Ártika e Teatro Ensalle de Vigo, Ingrávida do Porriño e Teatro del Andamio e Gurugú da Coruña repiten en 2020 […]
A Compañía IO estrea o seu último espectáculo na sala Ártika de Vigo
A compañía IO estrea, o vindeiro xoves, 6 de febreiro, na sala Ártika de Vigo, un novo espectáculo, Espida. A obra seguirá en cartel na mesma sala o venres 7 e o sábado 8, sempre ás 21:30. Interesada na investigación das posibilidades do novo circo, a compañía procura, nesta peza, un diálogo entre diferentes […]
Carlos Álvarez-Ossorio: “‘Si esto es un hombre’ é unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano”
A destrución do outro (do diferente) como ser humano. Deste xeito, o actor e director Carlos Álvarez-Ossorio, condensa o contido de Si esto es un hombre, espectáculo que mañá a compañía Cámara Negra estrea na Sala Ártika de Vigo (24, 25 e 26 de xaneiro). Falamos con el sobre algunhas claves desta proposta unipersoal que […]
Cámara Negra estrea ‘Si esto es un hombre’, de Primo Levi
A compañía Cámara Negra estrea a versión teatral de Si esto es un hombre de Primo Levi, unha obra fundamental sobre os campos de concentración e o comportamento do ser humano. A estrea terá lugar o vindeiro 24 de xaneiro na Sala Ártika de Vigo coincidindo co 75 aniversario da liberación de Auschwitz. | Foto: Álvaro Rodríguez Galán | Trátase dun […]
Este Nadal, teatro para os máis cativos na sala Ártika de Vigo
Na sala Ártika de Vigo, do sábado 21 ao martes 31, terá lugar o V Festival PequeÁrtiko de Nadal, unha mostra con obras teatrais pensadas para os máis pequenos. Este ano, a sala presenta sete obras divertidas e familiares. Do sábado 21 ao martes 24 ás 12:00 e ás 18:00, poderá verse O mago de […]
Concedidas as axudas da AGADIC a salas escénicas
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou onte no seu web a resolución das subvencións a salas de artes escénicas para 2018, mediante a que distribúe os 70.000 euros convocados entre cinco locais da Coruña, O Porriño e Vigo. Estes espazos son Teatro Ensalle (23.100 euros) […]
Cara a un diágnostico das Artes Escénicas en Vigo
Hoxe mércores 17 de xaneiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), o Ateneo Atlántico propón un novo “Estado da cuestión”, neste caso sobre as artes escénicas en Vigo. O formato do Estado da Cuestión consiste na presentación de cada palestrante facendo un diagnóstico de 5 minutos […]
Tras Tannhäuser
Á fin os mozos tomaron os teatros Tras Tannhäuser ten todas as cousas boas das compañías novas cargadas da paixón dos artistas mozos. E tamén ten todos os problemas que se derivan da mesma circunstancia. É, por iso, un espectáculo interesante no que prima a experimentación e o saber facer propio dun equipo formadísimo […]