En Cambio de Foco tres equipos artísticos de diferentes xeracións e con tres xeitos distintos de ver o teatro amosan a súa visión sobre un mesmo texto. O obxectivo deste laboratorio é tender unha ponte entre a creación e o público. Completan o programa de coproducións os proxectos Outras miradas de Teatro Ensalle e Clásicas desfeitas de Nononon.lab.
Etiqueta: Olga Cameselle
No confín de… Olga Cameselle
Artista efémera: intérprete escénica, coreógrafa e directora de movemento escénico. Olga Cameselle forma, xunto a Alfredo Rodríguez, a compañía Producións Artísticas e xestionan o espazo de encontro, formación, investigación e fomento das artes performativas A Artística en Vigo. | Foto: Afonso Ouran | O libro que tes sobre a mesa de noite. A mesa […]
O colectivo 85Corpos move Vigo polo Día da Danza
O colectivo de mulleres artistas 85C ultima a segunda edición dos poucos festivais de danza da cidade: 85Corpos, que este ano ofrecerá varias jams, espectáculos, faladoiros e encontros de distintas personalidades da danza. Unha cita cultural que terá como pano de fondo a necesidade da expresión corporal como mobilización e integración social. Para iso este […]
Artes escénicas na terceira edición do Festival 85C de Vigo
Entre os vindeiros 7 e 9 de setembro celebrarase en Vigo unha nova edición do Festival 85C que reúne a mulleres creadoras de todas as artes e disciplinas. Máis de 25 locais da cidade, acollerán as propostas dunhas 80 artistas diferentes. O evento está organizado desde a asociación sen ánimo de lucro, 85C, que traballa […]
Leixaprém, non me veñas con cantigas
O teu é puro teatro abstracto | Roi Vidal | O leixaprén como recurso estilístico. A lírica medieval-galego portuguesa homenaxeada no que ten máis de seu. Nese formalismo esplendoroso que a converte no que é. Aquí, máis ca nunca, o aquel non é o que senón o como. Imos, pois, experimentar coas formas […]
Illas Atlánticas
Naufragando contra as brúxulas | Roi Vidal Ponte | Comezos: Ao principio foi a dúbida: Como comezar? De que forma atraer a atención do público sen caer en fórmulas trilladas, sen semellar un ronsel epigonal de Angélica Lidell ou de Ana Vallés? Monólogo limiar. Prólogo interpretativo. As palabras, medidas, resoan coa forza xusta para […]
Arquitectura da emoción
Espazos interiores | Roi Vidal Ponte | A arquitectura, como organización do espazo, pouco se diferenza do teatro. O espazo e a organización dos corpos e os obxectos nel é unha grande parte do espectáculo. Primeiro hai como un caos. Botellas. E os actuantes parece que queren ordear algo, arquitectos de cristal. Non deixa […]
Exposición danzada
Danza aplicada | Camilo Franco | Entre comicios, promesas de comicios, xustificación dos comicios, das promesas dos comicios, dos movementos para presentarse ou non aos comicios, de todo o que foi e será dito antes e despois dos comicios, andamos un pouco sobrados de palabrería retórica e un pouco escasos de explicacións. Das de verdade, […]