in

Olga Cameselle recibe o premio a mellor actriz en Turquía

Olga Cameselle
Momento da entrega de premios en Turquía.

O III Festival Internacional de Teatro de Maltepe de Turquía rematou cunha entrega de premios na que a actriz e bailarina galega Olga Cameselle recibiu o de mellor actriz de reparto por Serva me, servabo te do CDG.

Á gala asistiron 186 artistas de 11 países diferentes, deixando patente o poder internacional da arte como ferramenta para eliminar os prexuizos. O festival turco considerou que Madman, montaxe do Teatro Rexional de Kashkadarya de Uzbekistán, fose a merecedora do premio á mellor obra de teatro.

Serva me Servabo te, é a última produción do CDG e está dirixida por Belén Bouzas e os irmáns Diego M. Buceta e Fran Martínez. Unha peza que dialoga coa danza e o traballo físico e que fala dos afectos e do colectivo. Do agarrarse forte das mans ante o adverso. Do soster o corpo que permanece a carón como se fose o teu. Unha proposta na que Cameselle deixa patente a súa longa traxectoria como intérprete escénica, coreógrafa e directora de movemento escénico. Fundou a compañía Producións Artísticas, xunto con Alfredo Rodríguez, e xestionan o espazo de encontro, formación, investigación e fomento das artes performativas A Artística en Vigo.

Publicidade

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

FOOT

Pallasos en Rebeldía estrea ‘FOOT’ no FIOT de Carballo

FITO

Un FITO máis internacional arranca a súa 14ª edición en Ourense