in , ,

Un FITO máis internacional arranca a súa 14ª edición en Ourense

FITO
Katana, de Viejas Promesas. Fotografía de Kike Carbajal.

Do 14 ao 24 de outubro, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) programa once espectáculos con presenza internacional e variedade escénica.

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) chega á súa decimocuarta edición neste 2021. Desde o xoves 14 ao vindeiro domingo 24 de outubro, once espectáculos de teatro, rúa, danza e circo pasarán pola cidade auriense que volverá acoller, ademais das compañías galegas, creadoras estatais e internacionais. Atrás queda a edición de 2020, marcada pola pandemia e as restricións derivadas da Covid-19.

A Casa da Cultura ‘Manuel María’ de Barbadás, o Liceo, o Teatro Principal e diversos espazos de Ourense, albergarán os espectáculos desta decimocuarta edición do FITO. O prezo dos billetes, que se poderán retirar o primeiro día do festival no Teatro Principal, varía segundo o lugar:

  • Teatro Principal: 8 € / Estudantes, xubilados e persoas en situación de desemprego: 5 €.
  • Casa da Cultura de Barbadás: 5 €.
  • Liceo de Ourense: 3 €.
  • Espectáculos de rúa: de balde.

Programa 14º FITO de Ourense

XOVES 14

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: VIEJAS PROMESAS (MADRID)
ESPECTÁCULO: Katana

VENRES 15

12’30 h. NAS RÚAS DO CENTRO DA CIDADE
COMPAÑÍA: ARUN-RUN (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Fitoexpress

21’00 h. CASA DA CULTURA MANUEL MARÍA DE BARBADÁS
COMPAÑÍA: PAULA MALIK (COLOMBIA)
ESPECTÁCULO: Banda animal

SÁBADO 16

12’30 h. ALAMEDA E CONTORNO DA PRAZA DE ABASTOS
COMPAÑÍA: BOCA DE CÃO (PORTUGAL)
ESPECTÁCULO: Agostinho e Felicidade

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: ARTESACÍA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: As illas desertas

23’00 h. SALÓN DE TERTULIAS DO LICEO DE OURENSE
COMPAÑÍA: PAULA MALIK (COLOMBIA)
ESPECTÁCULO: Banda animal

DOMINGO 17


Publicidade

19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: FURIA SOTELO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Mortais e vulnerables

xixela4 |
Illas Desertas, de ArtesaCía. Fotografía de Xixela Franco.

MÉRCORES 20

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: TEATRO DO ATLÁNTICO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Libre coma os paxaros

XOVES 21

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: 
PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Estrela do día

VENRES 22

21’00 h. PATIO DO CENTRO MESTRE VIDE, AS LAGOAS 
COMPAÑÍA: 
IMAGINART TEATRO (CASTELA-LEÓN)
ESPECTÁCULO: Senda sobre rodas

SÁBADO 23

20’00 h. TEATRO PRINCIPAL 
COMPAÑÍA: 
MARTA ALONSO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Bailar agora

DOMINGO 24

19’00 h. TEATRO PRINCIPAL
COMPAÑÍA: 
67 GRAOS OURENSE
ESPECTÁCULO: Fervescénica

Redacción

Redacción

Somos a erregueté | Revista Galega de Teatro.
A única publicación periódica que ten como obxecto as artes escénicas galegas dende 1983.

Deixa unha resposta

Avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Olga Cameselle

Olga Cameselle recibe o premio a mellor actriz en Turquía

Abrazos

Los abrazos huecos